Dentro do programa Renaturalízate do Concello de Pontevedra, o alumnado de 3.º de Primaria gozou hoxe dunha enriquecedora camiñata cara ás Marismas de Alba. O obxectivo: observar de preto as árbores que crecen ao redor do río e descubrir algunhas das aves típicas desta época do ano.
Durante o percorrido, os nenos e nenas puideron deterse a observar, preguntar e sorprenderse coa variedade de vida que habita tan preto de noso día a día.
Desde a diversidade de especies arbóreas ata o comportamento das aves, cada paso foi unha oportunidade para aprender algo novo.
Un agradecemento moi especial ás ambientólogas que nos acompañaron. Grazas ás súas explicacións e entusiasmo, a saída foi un auténtico éxito e permitiu que o alumnado conectase aínda máis coa súa contorna natural.
Unha experiencia que, sen dúbida, anímanos a seguir explorando e valorando a riqueza ambiental que nos rodea.
Para ver máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.

Ningún comentario:
Publicar un comentario