Desde a aula de inglés gustaríanos convidalas a participar de forma totalmente voluntaria nunha proposta creada coa finalidade de levar a cabo unha vida máis saudable dentro das características persoais de cadaquén e das posibilidades que o día a día nos permita.
Así, creamos un proxecto denominado Healthy Heroes que consiste en que cada semana desde agora ata maio, se plantexa un reto saudable e relativamente doado de acadar.
Os retos son acumulables, de xeito que, segundo avancen as semanas, se poidan ir sumando varios hábitos saudables á vida diaria.
Trátase, por suposto, dunha actividade na que non se avaliará a cantidade de retos acadados, se ben aportamos ao alumnado un material onde poderán ir coloreando diariamente o símbolo asignado a cada reto para poder ir sendo conscientes de cada vez que lograron cumplilo.
Animámoslles a unirse a esta iniciativa en familia para unha vida máis saudable!
O primeiro reto consiste en moverse un pouco cada día, como por exemplo dar dez saltos, subir escaleiras ou camiñar cinco minutiños máis.
Ao comezo de cada semana iremos subindo a instagram o reto correspondente.
Anímense!
Imos aló!