Chegou o martes, cun calor propio do verán, polo que organizamos unha gran festa da escuma no colexio.
Organizámosnos por cursos para a inmersión na escuma. Todos preparados cos bañadores, calzado para mollar, gafas de sol e moitísimas ganas de FESTA!!! Despois de disfrutar e ben mollados, cada curso ía a súa zona para mudarse de roupa aínda que, coa calor que facía, xa apenas se precisaban as toallas! jeje
Este ano levamos a cabo un proxecto anual dende EDLG, dentro do PDI de centro: un ano de ALUCINE.
Cada curso elixía unha frase significativa dunha película a elixir de forma libre para transmitir valores e ensinazas que quixera transmitir aos demais compañeiros e compañeiras do centro.
Este foi o marabilloso resultado do traballo realizado. Agardamos que vos guste!
O pasado venres, todo o alumnado da etapa de primaria do cole fixo unha excursión ao Camping Paisaxe 2 en O Grove, para poder disfrutar dunha divertida xornada de xogos e convivencia.
Nas instalacións recibíronnos xenial e animaron todo o día facendo con nós xogos, bailes e baños na piscina, incluso tivemos unha aventura pirata!!!
Onte o EDLG do noso centro asistiu a entrega de premios de relato curto en galego, dentro do Programa do Concello Maios, mes da Lingua. Recibimos un lote de libros en agradecemento a difusión e dinamización que se fai da Lingua Galega dende o noso centro escolar. Abofé, que disfrutaremos deles e estarán dispoñibles na nosa biblioteca para que toda a comunidade educativa poida gozar deles.
Dende a materia de Ciencias Sociais, realizamos un traballo que nos encantou. Presentamos a nosa candidatura individual como alcaldes e alcaldesas da nosa propia cidade. Propuxemos os nosos propios poderes do estado, inventando as nosas leis e a forma de aplicalas. Unha vez rematadas as campañas, a mestra Nuria sorprendeunos coas votacións correspondentes para a nosa alcaldesa ou alcalde. As persoas máis votadas foron Efrén e Manuel, convertíndose así nos nosos representantes.
O Correlingua foi unha oportunidade excelente para experimentar a lingua galega como algo vivo, útil e cheo de posibilidades. Así o vivimos onte rodeados doutros cativos e cativas, mozos e mozas de centros escolares e institutos da localidade de Pontevedra. Máis alá das aulas, esta xuntanza converteu o galego na lingua de festa, creatividade e de expresión libre que tamén é, tal e como podedes ver nos vídeos do blog, pasámolo en grande!!!
O 20 de maio, os nenos e nenas de 5º de Primaria, fomos a coñecer un novo deporte: o GOLF. Estivemos no Campo de Golf de Meis practicando este deporte. Alí ensináronnos como é un campo de golf, como se xoga, vimos como xogar un "hoyo"...e intentamos golpear as pelotas o máios lonxe posible (era un pouco complicado). Tamén practicamos cun xogo, meter as bolas no burato da bandeira. Pasámolo moi ben!
O martes 6 de maio, o Clube de Tenis de mesa de Monteporreiro, estivo no colexio para ensinarnos a xogar ao tenis de mesa. Foi a primeira das dúas xornadas (unhas das actividades de Adespont), xa que o 13 de maio fomos ao pavillón Príncipe Felipe xunto co CEIP Isisdora Riestra, a xogar toda a mañá. Alí fixemos un torneo entre todos/as. Pasámolo xenial.
O 24 de abril, veu David (do clube SAPO de Salvamento acuático), a ensinarnoa en qué consiste o deporte de Salvamento acuático. Nesta primeira xornada, explicounos as partes nas que se divide a competición, os materiais que utilizan...
Practicamos o xogo de bandeiras e carreiras coa táboa de salvamento.
A segunda xornada a realizamos na piscina de Campolongo de Pontevedra xunto co CEIP de Xeve. Alí puxemos en práctica a nosa pericia en nadar co floppy, arrastrar un maniquí ao longo da piscina e carreriras subidos/as á táboa. Pasámolo xenial.
Hoxe foi un día moi agardado, o DIA DAS LETRAS GALEGAS, as nosas letras e, para iso, preparamos unha celebración cargada de sons, cancións, ledicia, colorido e "MOITO GALEGO".
Queremos compartir con vos moitas das cousas que realizamos todo o centro, xunto coa colaboración das familias tamén, para conmemorar o 17 DE MAIO que agardamos que vos gusten.
CANTAREIRAS DE CAMPAÑÓ
Así de fermoso quedou o mural coa recompilación de Cantareiras, podedes velo na entrada do noso centro. Un traballo estupendo de todo o alumnado e das súas familias.
Tamén podedes ver os vídeos e audios dos CANTAREIRAS E CANTAREIROS que nos mandaron os peques por mail PINCHANDO EIQUÍ.
O GRUPO DE FOLCLORE GALEGO RONSEL ACTUOU NO NOSO COLE PARA ACHEGARNOS Á CULTURA TRADICIONAL DAS CANTAREIRAS.
Este mércores, 14-05-2025, tivemos a sorte de realizar unha actividade moi especial centrada na posta en valor da cultura galega gozando dunha actuación en directo do grupo de folclore galego Ronsel, que encheu o noso patio de música, baile e tradición. Sen dúbida, unha experiencia que deixará pegadas en nós.
O SON DA NOSA LINGUA
Hoxe, 16-05-2025, actuamos nós. Os nenos e nenas de Campañó ensaiamos con moito cariño e ilusión as propostas realizadas dende educación musical para festexar estas letras galegas, cantando e bailando a nosa lingua, gozando do noso folclore e dos sons máis representativos da nosa terra.
Agardamos que vos gusten e poidades disfrutar dunha auténtica viaxe musical!! Feliz Día das Letras Galegas e que vivan as Cantareiras!!!
PRESENTACIÓN
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
1º EP
2º EP
3º EP
4º EP
5º EP
4º EP CON ISI
3º Y 5º CON JOSE
PANDEIRETAS
Realizamos estes bonitos imáns como símbolo do noso folclore e da nosa tradición. Abofé que quedaron ben xeitosos!
UNHA LINGUA DE CINE
Dende EDLG queremos poñer a vosa disposición unha carteleira de películas en galego para que poidades festexar este ano de Cine coa nosa lingua. Correde a Rufiteca e elixide a que máis vos guste.
Desde o Equipo de
Dinamización da Lingua Galega estamos moi agradecidos coa implicación do
alumnado e das familias na realización dos vídeos das cantareiras para a
conmemoración das Letras Galegas 2025.
Aquí tendes unha mostra
destas verdadeiras obras de arte, que imos gardar como ouro en pano.
Esperamos que gocedes
moito delas. EDLG.
VÍDEOS
- CANTAREIRAS E CANTAREIROS: Nerea (4 anos) co seu irmá e avó
- CANTAREIRA DE RONSEL DE LARA (4 anos)
- CANTAREIRA DE BRAIS (1ºEP)
- CANTAREIRAS DE JORGE de 5 anos (a súa curmá canta)
Chegou o día desexado, o día do chocolate, o día máis doce e onde hai moito xogo!!! Os de 4 anos atoparon na clase, nada máis chegar, unha bolsiña cun coelliño debuxado. Quen a traería? Todos os de 4 anos, e os das outras aulas, estaban apurando o feito de quitar abrigos e poñer os mandilóns porque a aventura ía comezar en calquer momento.
Despois de intentar averiguar que había na bolsa porque non abultaba nada, descubrimos que había anacos de ovos de pascua de cores. E lembrando, lembrando...os de 4 e 5 anos, os veteranos, decatáronse que seguro que o Coello de Pascua os agachara nalgures. Seria no ximnasio como o curso pasado? Tamén podería ser na Rufiteca, non si?
Pero desto, chegou a profe Tanya, e comentou que vira movemento no patio de infantil pero que non puido vere quen andaba por aí!
De seguro que é aí onde os agochou!! Por turnos, marchamos ó patio: primero os de 4 anos, despois os de 5 anos e, por último, os de 3 anos que este curso se estrean como os rescatadores de ovos!!!
Despois, marchamos as nosas clases, e , NA CLASE DE 3 ANOS, decoraron os cestiños para meter os ovos de chocolate e fixeron unhas diademas.
NA CLASE DE 5 ANOS fixeron unhas máscaras de coelliños de Pascua. Na búsqueda de ovos tiveron que atopar a metade que faltaba para completar o ovo. Pola parte de atrás tiña un enigma para resolver utilizando un código secreto. Tratábase de adiviñar o nome dunha personaxe de película para poder coller a recompensa final.
NA CLASE DE 4 ANOS, atoparon á volta do patio unha cesta con bolsiñas cheas de cousas pero cunhas tarxetas con debuxos xunto cunha bolsa de coello azul. Como xa están aprendendo a ler, tiveron que ir metendo a man na bolsa, sacar ó chou unha tarxeta e lela. Cando a leran, debían adiviñar a PALABRA que poñía e descubrir a bolsa que tiña a tarxeta co debuxo desa palabra.
Pensades que non foron capaces? Pois estades moi equivocados porque o acertaron todos sen axuda!
A modo de resumen, grabamos un pequeno vídeo da aventura da BÚSQUEDA (dura uns 8 min, así que, se queredes, podedes ver o que, máis ou menos, fixemos as 3 aulas). Por certo, houbo algún que outro ovo que estaba tan ben agochado que non o daban atopado...jejej)
Na clase sempre houbo algún que outro momento de "degustación" de chocolate porque as ansias eran ENORMES!!!
Como remate da xornada fixemos unha sesión de cine na Rufiteca proxectando a peli "Rabbit School: Los guardianes del huevo de oro"
ESTAMOS AGARDANDO QUE CHEGUE A PRÓXIMA PASCUA 2026!!!