venres, 20 de outubro de 2023

SAÍDA A CASA PEPE E PILI

 Outro ano máis os peques do cole visitamos a CASA DE PEPE E DE PILI para ver os castiñeiros, recoller castañas e darlle a benvida ó outono.

Chegamos andando e, a verdade, un pouquiño canso así que, nada máis chegar, tivemos que beber un pouco de auguiña.

Despois atendimos ás explicacións de Pili (porque Pepe estaba traballando) e nos dixo que cortara uns pauciños para que non nos pincháramos se queriamos abrir os ourizos que aíndan tiñan no interior as castañas que non caeran.


Polo que PUXÉMONOS MANS Á OBRA!!!





Tras encher as caixas con castañas, Pili sorprendeunos cunha gran marendola: galletas, pan, zumes, mel das súas abellas e LAMBONADAS!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario