OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR A CARGO DE PONTE NAS ONDAS
Este martes o alumnado de 4º e 5º participou nun obradoiro de RADIO ESCOLAR, impartido por dous membros de Ponte nas Ondas.
O obradoiro dividiuse en tres partes:
Unha parte sobre coñecementos de edición e son, traballando co programa AUDACITY, na sala de ordenadores. Impartida por Xerardo.
Unha segunda parte sobre entonación e oralidade, impartida en cada aula, por Damián.
E por último, xa todos xuntos no ximnasio e gardando as distancias e medidas de seguridade necesarias, realizouse un programa completo que consistiu en redactar diferentes tipos de novas así como tamén un rap, chistes e publicidade. Todo isto fíxose por parellas e foi feito sobre a marcha, o que ten máis mérito todavía por decidir no momento sobre que escribir e poñerse mans á obra!
Desfrutamos e aprendimos todos un montón!!
O máis emocionante foi sentarnos diante do micro e contar as nosas novas.
En rufiteca poderedes escoitar próximamente o programa que levamos a cabo. Nós tamén andamos a practicar co Audacity para poder montar o resultado desta xenial actividade!!
Grazas a Damián e Xerardo, de Ponte nas Ondas, por transmitirnos tantas cousas interesantes e facelo con tanto entusiasmo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario