Estamos inmersos nestas datas cargadas de ilusión nas que o alumnado emana nerviosismo dende que entra ata que sae do cole.
Nestas semanas traballamos arredor do máxico mundo do Nadal, desde o ciclo de Educación Infantil ata o último curso de Primaria e sempre utilizando a nosa lingua, o galego. Decoramos a árbore da entrada, as escaleiras, as cortizas e fixemos moitas actividades nas aulas.
A continuación podedes ver un pequeno vídeo elaborado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística que resume as actividades feitas no noso centro con moita emoción e, sobre todo, moita diversión:
Agardamos que vos guste e desexámosvos un BO NADAL EN GALEGO E FELIZ ANINOVO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario