xoves, 2 de novembro de 2017

OBRADOIRO EN INFANTIL: "XOGAMOS A MÉDICOS?"



Hoxe todo o ciclo de Ed.Infantil tivemos un magnífico obradoiro a cargo de 4 nais do alumnado de infantil (3 médicas e 1 enfermeira) titulado "XOGAMOS A MÉDICOS?".


Como eramos moitos, fixemos dous grupos: primeiro os pequenos de 3 anos e, despois, os maiores de 4 e 5 anos. Levouse a cabo no ximnasio do colexio e establecéronse 4 "consultas" especializadas en diversos aspectos ou campos da Medicina.


En cada unha delas, o alumnado podía atopar amplo material manipulable onde puideron meterse no papel de médicos e familiarizarse co material que hai nos hospitais, nas consultas dos seus pediatras, etc. 


A finalidade desde obradoiro é que o alumnado destas idades non teña medo ir ó médico e que se familiarice con todo ese material ou con técnicas que alguna vez vivenciaron ou que quizáis, algún día, poidan ter que experimentar.


Os médicos, os pediatras,...están para axudarnos a ter unha boa saúde, polo que non teñen que chorar nin temer por nada xa que xa saben como se utiliza o fonendoscopio, as vendas, as máscaras de osíxeno,...


Foi un obradoiro moi interesante que espertou o interese de todo o alumnado de infantil. Resultou ser una actividade moi motivadora na que disfrutamos grandes e pequenos.


Queremos agradecerlle ás nais por organizar este obradoiro, o agarimo que amosaron a cada peque e a implicación no proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos e dos seus compañeiros. 



Se quereres ver todas as fotos do obradoiro, 
PINCHADE AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario