No cole conmemoramos o Día da Paz coa canción "Campás pola Paz," que interpretamos en lingua de signos. Tamén fixemos manualidades e un xogo con tarxetas (de imáxenes de famosos cadros) e onde tiñan que buscar as súas parellas: DIVERTIDÍSIMO XOGO!
O alumnado traballou este día cun cadro de Picasso, "O Guernica", decorando unha peza do famoso cadro que, aínda que está pintado en cores branco, negro e gris, cada aula encheuno de cores. O alumnado de infantil traballou unha poesía creada para dita celebración en relación o noso proxecto, baseada no cadro de Picasso "O neno e a paloma".
E rematamos co alumnado de 2º de primaria e cos seus desexos de paz para todos os nenos e nenas do mundo.
Foi un día completo! Esperamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario