Outro curso máis, a "Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra" veu ao colexio a dar a coñecer o deporte da Esgrima. O martes 30 de setembro, Adrián, explicounos os movementos básicos e fixemos uns "combates" con sables de espuma. Pasámolo xenial!
Máis fotos e vídeos neste enlace.martes, 30 de setembro de 2025
EMOCIÓN DEPORTIVA: CARREIRA CROSS EN PONTEVEDRA
O pasado martes 30 de setembro o noso centro participou na proba de cros escolar celebrada en Pontevedra, dentro do programa deportivo Xogade.
Os nosos alumnos e alumnas de 2.º a 6.º de Primaria gozaron dunha xornada chea de deporte, esforzo e compañeirismo no circuíto da Xunqueira.
Foi unha experiencia moi positiva, na que todos demostraron ilusión e constancia, animándose uns a outros en cada carreira.
Ademais, varios dos nosos alumnos lograron clasificarse para a seguinte fase. Estamos moi orgullosos da súa participación e do exemplo de superación que deron.
Parabén a todos!
Para ver máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.
Tamén saímos nos xornais dixitais:
luns, 29 de setembro de 2025
IMOS VENDIMAR! (4 e 5 anos)
O mércores, 24 de setembro, o alumnado de 4 e 5 anos fixeron unha saída pola contorna. É momento da vendima, así que disfrutamos dunha xornada de vendima na finca duns veciños.
Levabamos os nosos cubiños, as tesoiras, os mandilóns para non mancharnos e calzado para andar entre as herbas.
Había moitos pelegríns que pasaban polo camiño e quedaban abraiados ó vernos. A algunhas uvas non lle chegabamos porque estaban moi altas pero os adultos axudáronnos a baixalas. Tamén había arañas por entre elas pero, aínda que algún berro se escoitou, aprendimos a "pasar delas".
martes, 16 de setembro de 2025
BALONMÁN POIO ARTAI
Coma todos os inicios do curso o Clube Poio Artai de Balonmán, achegouse ao noso colexio para dar a coñecer o seu clube e este deporte. Este ano, Aitor e Aroa foron os encargados de ensinarnos os aspectos básicos, como o bote, pase, lanzamentos....rematando cuns partidillos entre nós.
Podedes ver mási fotos neste enlace.CAMPIONATO DE TENIS NA CAEIRA (3º E 4º EP)
O pasado martes 16 de setembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria tivemos a oportunidade de asistir ao Campionato de Tenis Sub-14 na Caeira.
Foi unha experiencia moi especial, xa que non só puidemos gozar vendo algúns dos partidos do campionato con xogadores novos que nos sorprenderon polo seu nivel e esforzo, senón que ademais participamos en dúas actividades deportivas moi divertidas.
Unha clase de pádel, na que aprendemos nocións básicas, e unha clase de tenis, onde puxemos a proba a nosa coordinación e descubrimos o emocionante que é este deporte
Sen dúbida foi unha experiencia que lembraremos con moita ilusión!
Para ver todas as fotos, pinchade NESTE ENLACE.
luns, 8 de setembro de 2025
GRAZAS ANPA!
Queremos comezar este curso cunhas enorme GRAZAS.
As familias do ANPA tiveron un detalle precioso con toda a comunidade educativa: regaláronnos unha axenda a cada un dos alumnos e alumnas de primaria e un mandilón novo ao alumnado de infantil, para empezar o curso con ilusión e boa organización.
Un pequeno xesto que significa moito, porque detrás hai tempo, esforzo e o desexo de acompañar aos nosos nenos e nenas na súa aprendizaxe día a día.
Grazas por estar sempre aí, por implicarvos e por axudarnos a construír, entre todos, un colexio mellor!







