O 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO e, en todo o centro, houbo variedade de actividades para conmemorar ese día como...
...creación de marcapáxinas mariños en primaria preciosos.
...creación de recomendacións lectoras dos contos favoritos do alumnado do ciclo de infantil e expostas no valado exterior da entrada ao colexio.
...un mural coas recomendacións lectoras por temáticas gracias ao alumnado do ciclo de primaria.
Ao alumnado de 5 anos gústallle moitísimo crear historias, deixando voar a súa imaxinación e inventar sobre a marcha. E, neste día tan especial, crearon unha historia moi relacionada coa biblioteca, o lugar onde atopamos todos os nosos contos preferidos!
O alumnado de primaria confeccionou un "VALADO LITERARIO" e que está exposto na entrada ao colexio coa frase "Canto máis les máis libre es"
Para ver máis fotos desta xornada, pinchade NESTE ENLACE.








Ningún comentario:
Publicar un comentario