HALLOWEEN AT SCHOOL
Un Halloween cheo de historias que contar… e que cantar!
Co gallo do Halloween desde a aula de inglés convidamos ás familias a vir contar contos nesta lingua estranxeira e participar en actividades arrepiantes relacionadas coa temática.
Deste xeito, o 29 de outubro inauguramos o…



’Tell and Sing at Halloween’ 



Moitísimas grazas ás familias que se animaron a vir e empregar o inglés como a lingua viva que é e coa que se pode facer de todo! Contos, cancións, manualidades… GRAZAS! Contades moito!
E, por suposto, moitas grazas tamén a todos aqueles familiares que non puideron vir nesta altura pero que virán próximamente! Continuaremos informando!



’English Storytelling with Annika the Witch’ 



Asemade, a nossa auxiliar de conversa, Annika, converteuse nunha bruxa moi especial que tamén contou historias de medo o 28 e o 30 de outubro…



‘Disgusting recipes’



No tocante á parte culinaria podemos dicir que inventamos receitas de cociña, mais… tratábase de apócemas noxentas nas que se incluían rabos de ratos, ás de morcegos, bigotes de gato ou sangue de dragón, motivo polo cal preferimos non chegar a cociñalas e quedar con fame ata poder encher a barriga coas castañas do magosto o día 30 de outubro no festexo escolar do noso particular “Samagosto”.
E por último, moitas grazas ao alumnado polo seu traballiño na decoración deste Halloween, coas súas “haunted houses”, “witch’s hats”, “black cats”, “skeletons”, “Jack o’lanterns”, “zombies”, etc.
Thank you very much for making it possible! 
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario