xoves, 6 de novembro de 2025

APRENDEMOS SOBRE O CICLO URBANO DA AUGA

Hoxe, o alumnado de 3, 4, 5 e 6 de primaria , tivemos unha charla moi interesante sobre o ciclo urbano da auga. Durante a sesión, descubrimos como a auga que usamos en casa segue un percorrido moi longo antes e despois de chegar ás nosas billas.


Explicáronnos que a auga se toma da natureza, como ríos, encoros ou acuíferos, e despois se potabiliza para que sexa segura para beber e utilizar no noso día a día. Unha vez lista, distribúese polas tubaxes ata chegar ás vivendas, os colexios e outros lugares.


Pero a viaxe non termina aí. Cando usamos a auga —ao ducharnos, lavar os pratos ou tirar da cisterna—, vai parar ás redes de saneamento, onde se recolle e leva ás estacións depuradoras. Alí, límpase e depúrase para poder devolvela á natureza en boas condicións.


Lembráronnos o importante que é non desperdiciar a auga, xa que é un recurso esencial para as persoas, os animais e as plantas. Desta forma, o ciclo urbano da auga volve comezar, asegurando que todos podamos seguir gozando dela.

Foi unha charla moi interesante que nos axudou a entender mellor como funciona este ciclo tan necesario para a vida. E ademais aprendemos a coidar un pouquiño máis o noso planeta!

Para ver máis fotos, pinchade NESTE ENLACE,



xoves, 30 de outubro de 2025

SAMAGOSTO 2025

 O 31 de outubro celebramos o Samagosto no cole cheo de mosntruos, vampiros, pantamas, bruxas,...e cabazas decoradas.







Tamén tivemos a sorte de degustar castañas asadas gracias a nosa marabillosa ANPA, disfrutar de xogos populares e de bailar ó ritmo da música terrorífica!!

Tedes máis información no noso instagram e podedes acceder ó blog da Rufiteca e o álbum de fotos para ver o ben que o pasamos:

BLOG RUFITECA - pinchade neste enlace

GALERÍA DE FOTOS - pinchade neste enlace


HALLOWEEN AT SCHOOL

 

🇬🇧HALLOWEEN AT SCHOOL🇬🇧


🎃Un Halloween cheo de historias que contar… e que cantar!🎃


Co gallo do Halloween desde a aula de inglés convidamos ás familias a vir contar contos nesta lingua estranxeira e participar en actividades arrepiantes relacionadas coa temática. 


Deste xeito, o 29 de outubro inauguramos o…



🧟‍♀️📖🎙️🎃 ’Tell and Sing at Halloween’ 🎃🎙️📖🧟‍♀️



      Moitísimas grazas ás familias que se animaron a vir e empregar o inglés como a lingua viva que é e coa que se pode facer de todo! Contos, cancións, manualidades… GRAZAS! Contades moito!





     E, por suposto, moitas grazas tamén a todos aqueles familiares que non puideron vir nesta altura pero que virán próximamente! Continuaremos informando! 




🧙‍♀️📖🕸️🎃 ’English Storytelling with Annika the Witch’ 🎃🕸️📖🧙‍♀️



Asemade, a nossa auxiliar de conversa, Annika, converteuse nunha bruxa moi especial que tamén contou historias de medo o 28 e o 30 de outubro…





🎃🦎🍽️🦇 ‘Disgusting recipes’ 🦇 🍽️🦎🎃



No tocante á parte culinaria podemos dicir que inventamos receitas de cociña, mais… tratábase de apócemas noxentas nas que se incluían rabos de ratos, ás de morcegos, bigotes de gato ou sangue de dragón, motivo polo cal preferimos non chegar a cociñalas e quedar con fame ata poder encher a barriga coas castañas do magosto o día 30 de outubro no festexo escolar do noso particular “Samagosto”. 





E por último, moitas grazas ao alumnado polo seu traballiño na decoración deste Halloween, coas súas “haunted houses”, “witch’s hats”, “black cats”, “skeletons”, “Jack o’lanterns”, “zombies”, etc. 


🎃Thank you very much for making it possible! 🎃



domingo, 26 de outubro de 2025

CALENDARIO ESCOLAR 2025 - 26

Xa tedes o CALENDARIO ESCOLAR deste curso escolar 2025-26 para que poidades descargar e imprimir (pinchando na imaxe dabaixo).

Podedes atopalo sempre nunha das columnas laterais do blog do cole para que poidades consultalo sempre que precisedes.


 

martes, 21 de outubro de 2025

XOGO DO OUTONO ( 3 anos)

  ESTA SEMANA OS PEQUES DE 3 ANOS TIVEMOS UNHA SORPRESA NO XIMNASIO: UNHA INSTALACIÓN DE XOGO.





UNHA PROPOSTA EDUCATIVA ONDE SE PRESENTARON UNHA SERIE DE OBXECTOS COLOCADOS NO ESPAZO DUNHA FORMA ARTÍSTICA E ATRACTIVA.

A TEMÁTICA ELIXIDA FOI O OUTONO E O SEU CROMATISMO: VERDE, AMARELO, LARANXA, VERMELLO E MARRÓN FORMABAN PARTE DESTA INSTALACIÓN.

NUN PRIMEIRO MOMENTO SENTAMOS O SEU REDOR PARA OBSERVAR E CONVERSAR SOBRE O QUE ALÍ PODÍAN VER.

A CONTINUACIÓN OS PEQUES XOGARON LIBREMENTE FORMANDO AS SÚAS PROPIAS ESTRUTURAS, HISTORIAS E INTERACCIÓNS.


Maís fotos da instalación do xogo do outono, NESTE ENLACE.

luns, 20 de outubro de 2025

OS ALUMNOS DE 5º ED.PRIMARIA CONVÉRTENSE EN CIENTÍFICOS E MESTRE POR UN DÍA

Esta semana, os alumnos de 5º de Primaria estiveron traballando nun apaixonante proxecto de investigación sobre as células. Despois de aprender que as células son as unidades básicas de todos os seres vivos, e que dentro delas hai estruturas tan importantes como o núcleo, a membrana celular ou o citoplasma, puxéronse ao choio para crear fantásticas maquetas que representaban tanto células animais como vexetais.

 

Un traballo cheo de cor, detalle e creatividade!

 

Pero o máis bonito chegou despois, os alumnos de de 5º quixeron compartir as súas aprendizaxes cos seus compañeiros de 3º de Primaria. Prepararon pequenas exposicións, explicaron con entusiasmo cada parte da célula e responderon ás curiosas preguntas dos máis pequenos.

 

Foi unha experiencia enriquecedora para todos: os maiores reforzaron os seus coñecementos ensinando, e os pequenos descubriron o fascinante mundo da bioloxía dunha forma divertida e visual.

 

Parabén aos nosos mozos científicos polo seu gran traballo e o seu espírito de colaboración!


MÁIS FOTOS, pinchando neste enlace.





venres, 17 de outubro de 2025

RENATURALÍZATE (3º EP)

 No día de hoxe, venres, 17 de outubro, o alumnado de 3º de Educación Primaria participou nunha charla impartida por unha ambientóloga, co obxectivo de achegar ao alumnado ao proxecto de renaturalización, mellora da biodiversidade e incremento da resiliencia urbana de Pontevedra (RedeVerde Pontevedra), promovido pola Fundación Biodiversidade.

 

Tras a charla, o alumnado elaborou uns murais cunha Carta Verde dirixida ao Concello de Pontevedra, na que recollereron propostas e compromisos para a mellora da contorna de Campañó, en liña cos obxectivos do proxecto RedeVerde.

 

Con esta actividade pretendemos fomentar a conciencia ambiental, a participación activa e o compromiso do alumnado co coidado do medio ambiente local.

 


MÁIS FOTOS, PINCHANDO NESTE ENLACE.




xoves, 16 de outubro de 2025

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DO PAN

Con motivo do DIA DO PAN, unha familia do cole veu ó cole para levar a cabo un obradoiro de elaboración do pan de masa nai. 

Mesturar fariña, auga, fermentar, hornear,...todo iso aprendeu o alumnado de infantil e primaria.

Por turnos, fomos baixando ó patio onde tiñan todo preparado para disfrutar dunha xornada estupenda de aprendizaxes significativos á vez que motivadores.

Para ver todas as fotos, pinchade NESTE ENLACE.