O venres, 7 de xuño, foi o mellor día!!! O día que estabamos agardando e disfrutamos da excursión de fin de curso na Granxa-Escola Kiriko. Nada máis chegar, sentámonos no cenador exterior. Alí explicáronnos as cousas máis importantes que debiamos saber sobre os animais e o coidado do bosque.
Despois puxemos rumbo ó bosque, adentrándonos entre as árbores. Descubrimos moios obxetos divertidos. Fixemos un alto no camiño, sentámonos nun claro porque nos contaron un conto.
Despois baixamos polo camiño cara outro bosque e, por alí, atopamos uns burros moi agarimosos. E andando, andando...había un cabalo e unha iegua, cabras, porcos, galos, galiñas, coellos, pavos, pavos reais, cans,...
Entramos nun establo onde había unha vaca "moi mansa". Con ela puidemos aprender a ordeñala e, cada un, foi ordeñando (aínda que saía auga).
Tras toda a aventura, na que tamén paramos para refrescarnos con auga e beber un pouco porque facía moita calor, chegou o momento de ir ó comedor e de comer todo o rico que nos mandaran!!!
Cando rematamos, marchamos ó parque xogar un pouquiño.
Despois do tempo de lecer tocou...FACER GALLETAS!!!!
Despois tivemos un tempo para lecer e merendar mentres as galletas se facían no forno, recollimos todo e puxemos rumbo as nosas casas!!! Tiñamos moito que contar na casa!
Pero hai moitas MÁIS FOTOS da xornada que podedes atopar nos seguintes enlaces:
Ningún comentario:
Publicar un comentario