Continuando coas experiencias en torno as árbores e bosques, na aula retomamos a historia de Wangari, levando a cabo un plan de diálogo en torno a esta temática.
Ademáis, feita xa a nosa "árbore das familias", tamén modelamos árbores en plastilina
en en barro.
Cando secaron, axudados por Ángela, que utilizou a pistola de silicona, eliximos a forma das follas, de entre as que había troqueladas en goma eva, cántas e ónde pegalas.
E así nos quedaron.
Tamén pintamos sobre fotografías
feitas ás árbores do patio, que volvimos sair a observar os
seus cambios e de paso darlles algunha apertiña.
Escollemos a que nos gustaba e sobre ela pintamos con témpera
E como remate, traballamos en torno a unha viñeta (Quino, 2004) na que a protagonista eran unha árbore e unha sabrosa mazá, a única que colgaba da súa ponla.
A viñeta apareceu unha mañá pegada na pizarra e durante uns días fixemos as nosas propias conxeturas sobre o que nela sucedía, ata que chegou o día no que o debatimos e fumos suxerindo o diálogo de cada escena.
Representamos as esceas principais, nas que un señor
trataba de facerse coa mazá colgada da ponla, cunhas maneiras pouco axeitadas, como dándolle patadas á árbore, berrándolle e dicíndolle cousas
feas, dándolle golpes e puñetazos.......fronte a outra personaxe, un rapaz, que desde o principio tratou moi ben á arbore, dándolle unha aperta, sendo respetuoso con ela, regándoa...e a mazá foi directa ás súas mans.
Desta historia sacamos unha excelente conclusión ou moralexa, que se resume no valor do respeto pola natureza e da necesidade de acadar as cousas dun xeito pacífico e amable.
A continuación podedes visualizar toda a historia a través dun pequeno video no que se amosan as imaxes e para cada unha delas hai unha narración feita polos nenos que quixeron poñer as súas voces.
Decoramos as escenas, numeramos cada unha delas, as recortamos e montamos un pequeno libriño, que levamos para casa, para poder contar a historia a quen quixéramos.
Tamén ensaiamos na clase e algúns equipos fomos a algunhas aulas a contar a viñeta. Aínda nos quedan a clases ás que ir, e dous equipos por intervir, daremos rematado nesta semana que entra
En Infantil 5 anos.
En 3º e 4º
En Primeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario