Continuando co tema da fraga, as árbores e a natureza, na aula creamos unha enorme árbore na que poder pegar as fotos das nosas familias. Sería a nosa "árbore das familias"·.


Cando tivemos todo o tronco pintado, coas súas ponlas, moitas, moitísimas ponlas, debuxamos follas de distintos tamaños e tonalidades, para ir pegando nela.

Cada un trouxemos da casa fotografías das nosas familias, os membros máis cercanos, pai, nai, irmáns, avós...e despois de contarlle ós compañeiros quen era cada quen que aparecía na fotografía e os seus nomes, xa impresas, as pegamos no lugar que máis nos gustaba do mural da árbore.

actividade para fixarnos
nos nomes dos
pais e as nais, ver que letras

un pequeno dossier cos
seus nomes, con debuxos
deles e escritura libre
tentando contar como son.
E unha vez pegadas todas as fotografías tamén pegamos os nomes do noso pai e nai ó lado delas para así poder ler cando miremos as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario