A continuación compartimos o resultado final, o deseado VIDEOCLIP do que formamos parte. Moitos colexios participamos e, por iso, os vídeos dos bailes son curtiños pero foi unha ilusión moi grande participar nel!!!
mércores, 27 de maio de 2026
O VIDEOCLIP DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
xoves, 21 de maio de 2026
venres, 15 de maio de 2026
Entrevista a Nadia Vázquez
domingo, 26 de abril de 2026
DIA DO LIBRO 2026
O 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO e, en todo o centro, houbo variedade de actividades para conmemorar ese día como...
...creación de marcapáxinas mariños en primaria preciosos.
O alumnado de primaria confeccionou un "VALADO LITERARIO" e que está exposto na entrada ao colexio coa frase "Canto máis les máis libre es"
Para ver máis fotos desta xornada, pinchade NESTE ENLACE.
sábado, 28 de marzo de 2026
SIMULACRO DE INCENDIO NO COLE
O pasado día levouse a cabo no noso colexio un simulacro de emerxencia no que participaron membros dos bombeiros e da policía local, co obxectivo de preparar ao alumnado e ao profesorado ante unha posible situación de risco.
A actividade consistiu na simulación dun incendio que, supostamente, se iniciara nunha das aulas do centro. Como parte do protocolo de seguridade, esa clase permaneceu confinada, mentres que o resto do alumnado foi evacuado do edificio de maneira ordenada.
Durante o simulacro, todo o alumnado respondeu de forma exemplar, saíndo das instalacións con total normalidade e tranquilidade, seguindo en todo momento as indicacións do profesorado. O exercicio permitiu comprobar a eficacia dos plans de evacuación e a boa coordinación entre os distintos membros da comunidade educativa.
Pola súa banda, os bombeiros e a policía local supervisaron o desenvolvemento da actividade, ofrecendo tamén explicacións adaptadas á idade do alumnado sobre como actuar en caso de emerxencia e a importancia de manter a calma nestas situacións.
Os máis pequenos tiveron a oportunidade de subirse ó camión de bombeiros que é ENORME!!!
Este tipo de iniciativas resultan fundamentais para garantir a seguridade no ámbito escolar, ao tempo que axudan a concienciar aos máis pequenos sobre a prevención e a resposta ante posibles perigos.
luns, 23 de marzo de 2026
OBRADOIRO DE SAÚDE "APRENDEMOS A COIDAR A NOSA PEL"
No noso centro educativo tivemos a sorte de participar nun interesante e divertido obradoiro sobre o coidado da pel, dirixido ao alumnado e impartido por dúas grandes profesionais do Centro de Saúde de Lérez: unha pediatra e unha enfermeira.
Durante a sesión, aprendemos moitas cousas importantes sobre a pel, que é o órgano máis grande do noso corpo. Explicáronnos como está formada, falándonos dos seus tecidos e das súas funcións principais, como protexernos do exterior e axudar a regular a temperatura do corpo.
Tamén nos deron consellos moi útiles para o seu coidado diario. Falamos da importancia de manter a pel limpa e ben hidratada, así como de escoller correctamente as cremas máis axeitadas para cada tipo de pel. Outro dos temas que máis nos chamou a atención foi a protección solar: aprendemos cando e como debemos usar crema solar, mesmo nos días nubrados, e a importancia de protexernos do sol para evitar danos a curto e longo prazo.
O obradoiro foi moi participativo e dinámico, o que fixo que o pasáramos xenial mentres aprendíamos cousas novas e moi útiles para o noso día a día.
Queremos agradecer ás profesionais do Centro de Saúde de Lérez a súa visita e a súa dedicación. Grazas a elas, agora sabemos un pouco máis sobre como coidar a nosa pel e a nosa saúde.
Tedes máis fotos pinchando nos seguintes enlace:
mércores, 18 de marzo de 2026
OBRADOIRO DE PLANTACIÓN DE CACTUS (6ºEI - 5 anos)
Hoxe na nosa aula vivimos unha xornada moi especial: convertémonos en pequenos xardineiros e xardineiras! Aproveitando que xa está aquí a primavera, realizamos un obradoiro moi divertido no que plantamos cactus reutilizando envases de iogur.
Primeiro falamos un pouquiño da primavera, unha estación do ano na que a natureza esperta: as plantas medran, as flores enchen todo de cor e os días son máis longos e luminosos. É un momento perfecto para coidar e observar como medran as plantas.
Falamos dos diferentes tipos de cactus, algúns levan pinchos, os diferentes tamaños,...e desa amplia variedade, nós tiñamos 3 opcións para plantar.
Despois puxémonos mans á obra! Cada neno co seu envase de iogur que reutilizamos como pequena maceta. Enchémolo con terra e plantamos un pequeno cactus. Aprendemos que, aínda que os cactus son plantas especiais que precisan pouca auga, tamén necesitan coidado e atención para medrar sans.
Tamén descubrimos algunhas partes dos cactus:
Raíz, que está debaixo da terra e axuda a absorber a auga.
Talo, que é a parte grosa e verde onde almacenan a auga.
Esquiñas, que protexen a planta e evitan que perda auga.
Falamos das súas características principais: os cactus viven en lugares secos, poden gardar auga durante moito tempo e non precisan regarse moi a miúdo.
Agora deixaremos os nosos cactus na aula para observalos día a día e ver como medran.
Foi unha actividade moi divertida na que aprendemos moito sobre as plantas e o coidado da natureza. Estamos desexando ver como evolucionan os nosos pequenos cactus! 🌵
CLUB DE TENIS (5º EP)
O pasado mércores 18, o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha actividade complementaria no Club de Tenis, coa finalidade de coñecer máis de preto este deporte e ter a oportunidade de practicalo.
Durante a visita, os nenos e nenas puideron aprender as normas básicas do tenis, familiarizarse co material empregado e participar en diferentes xogos e exercicios adaptados á súa idade, guiados por monitores especializados. A actividade resultou moi motivadora e permitiu fomentar hábitos saudables, o traballo en equipo e o respecto polas normas do xogo.O alumnado gozou moito da experiencia e mostrou unha actitude moi participativa e respectuosa en todo momento.
Seguiremos promovendo este tipo de actividades que contribúen á formación integral dos nenos e nenas.
xoves, 12 de marzo de 2026
A GRAVACIÓN DOS VÍDEOS PARA O VIDEOCLIP DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"
Hai un tempo vimos esto da banda de música infantil "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA":
domingo, 8 de marzo de 2026
8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8M, Día Internacional da Muller, é unha data moi especial para lembrar que todas as persoas somos iguais e merecemos as mesmas oportunidades.
Esta celebración ten a súa orixe nas loitas de moitas mulleres valentes que, ao longo da historia, pediron poder estudar, traballar e participar na sociedade nas mesmas condicións ca os homes. Grazas a elas, hoxe vivimos nun mundo máis xusto, aínda que seguimos traballando para que a igualdade sexa real en todos os lugares.
No cole, o 8M é unha oportunidade para falar coas nenas e os nenos sobre o respecto, a amizade e a importancia de compartir xogos, soños e responsabilidades sen diferenzas. Porque non hai cores, profesións nin xogos “de nenas” ou “de nenos”: todo é para todas e todos.
Para iso, traballamos unha poesía que recitamos e lle puxemos un toque audiovisual que agardamos que vos guste:
































