sábado, 24 de xaneiro de 2026

DIA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN - 24 xaneiro (3º EP)

 O pasado 24 de xaneiro, o noso centro sumouse á conmemoración do Día Internacional da Educación, unha data moi especial para reflexionar sobre a importancia de aprender, soñar e ter oportunidades para construír un futuro mellor.


Con motivo desta celebración, o alumnado de 3.º de Primaria traballou o libro O lapis máxico de Malala, unha obra inspiradora que nos achega á historia de Malala Yousafzai, unha moza que defendeu con valentía o dereito de todos os nenos e nenas a recibir educación.

A través da lectura e o diálogo na aula, os alumnos analizaron a figura de Malala: a súa infancia, os seus soños e a súa loita pacífica pola escola como ferramenta para cambiar o mundo. O “lapis máxico” converteuse nun símbolo moi especial, representando o poder das palabras, as ideas e a imaxinación para transformar a realidade.



xoves, 22 de xaneiro de 2026

 Hoxe 26 de decembro o alumnado do noso centro participou con moita ilusión no cros escolar, unha xornada deportiva organizada polo HQR e o Diario de Pontevedra.



Os nosos alumnos e alumnas deron o mellor de si ao longo do percorrido, demostrando esforzo, constancia e, sobre todo, espírito deportivo. Máis aló dos resultados, queremos destacar a importancia de participar e gozar do deporte ao aire libre.
Parabén a todo o alumnado participante e grazas ás familias por facer posible esta magnífica xornada deportiva!




luns, 12 de xaneiro de 2026

OBRADOIRO DOBRE FAKE NEWS (6ºEP)

 O alumnado de 6.º de Primaria participa nun taller sobre Fake News impartido por Radio Pontevedra Cadena Ser.


Hoxe, mércores 14 de xaneiro, o alumnado de 6.º de Educación Primaria participou nun taller sobre Fake News celebrado no noso centro e impartido por profesionais de Radio Pontevedra Cadena SER.


Durante a sesión, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre a gran cantidade de información que recibe a diario e aprender a distinguir entre noticias verdadeiras e falsas, desenvolvendo así unha mirada máis crítica e responsable ante os contidos que consomen, especialmente na internet e redes sociais.


A través de actividades dinámicas e exemplos próximos á súa realidade, o taller abordou aspectos como: qué son as fake news e por que se difunden, a importancia de contrastar fontes e verificar a información, o papel dos medios de comunicación e do xornalismo rigoroso e o uso responsable da información en contornas dixitais.


Esta actividade enmárcase dentro das accións do centro para reforzar a educación mediática e dixital do alumnado, unha competencia esencial para o seu desenvolvemento persoal e académico.


Desde o centro queremos agradecer a Radio Pontevedra Cadea SER a súa colaboración e a proximidade coa que achegaron ao alumnado un tema tan actual e necesario.