Os alumnos de 4.º de Primaria gozaron dunha xornada especial no día de hoxe dedicada á saúde, na que concluiron con todo o aprendido sobre a importancia do benestar físico e os hábitos saudables durante este último proxecto.
Para comezar, tiveron o privilexio de recibir a dúas nais médicas, quen ofreceron unha interesante charla sobre as enfermidades infecciosas e non infecciosas.
Grazas á súa explicación, comprenderon mellor como previlas e coidar a súa saúde. Agradecemos enormemente o seu tempo e dedicación.
Ademais, contaron coa visita do Club Deportivo de Balonmán Teucro, que lles falou sobre a importancia dunha dieta saudable e ensinoulles os diferentes tipos de alimentos que deben consumir para manterse sans e con enerxía.
Outro momento destacado desta unidade foi a saída ao Estadio Pasarón, onde o Club de Fútbol Pontevedra ensinoulles a importancia do deporte, o traballo en equipo e a actividade física frecuente. Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos motivou a seguir practicando deporte.
Para finalizar, o persoal médico do Centro de Saúde de Lérez impartiron unha charla sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e informáronnos acerca dos distintos trastornos alimentarios que existen. Aprenderon moito sobre como levar unha dieta saudable e coidar a nosa relación coa comida.
Sen dúbida, este Día da Saúde foi unha xornada moi educativa e enriquecedora para todos.
Grazas a todos os profesionais que nos visitaron e axudáronnos a aprender máis sobre a importancia da saúde na nosa vida diaria!
Máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.