xoves, 27 de marzo de 2025

VISITA Á BRILAT EN FIGUEIRIDO (1º,2º,3º E 4º EP)

 O pasado xoves 27 de marzo os alumnos de 1º,2º,3º e 4º de primaria tiveron a oportunidade de visitar a Base Militar da BRILAT en Figueirido.


Esta visita educativa permitiu aos estudantes coñecer de preto o traballo dos militares e as instalacións da base, vivindo unha xornada chea de aprendizaxe e emoción.



Desde a súa chegada, os nenos foron recibidos pola banda de música do exército, quen lles ofreceu unha cálida benvida e unha charla introdutoria sobre a historia e misión da BRILAT.



Posteriormente, realizaron un percorrido polas instalacións, onde puideron ver os diferentes vehículos militares, coñecer o equipamento utilizado en misións. Ademais, os nenos tiveron a oportunidade de subirse a algúns vehículos.

 



A visita tamén incluíu unha charla sobre valores como o traballo en equipo, o esforzo e a disciplina, aspectos fundamentais na formación.

 


Agradecemos á BRILAT por abrir as súas portas e ofrecer unha experiencia tan enriquecedora para os alumnos.

Esperamos repetir esta visita no futuro!





Máis fotos da xornada, PINCHADE NESTE ENLACE.

venres, 21 de marzo de 2025

DÍA DA AUGA (2º EP)

 En 2º de Primaria estivemos  a traballar moito sobre a auga 💧 💧



Coñecemos a súa importancia para a vida, as súas características, usos, os lugares e estados en que a poderíamos atopar, medidas de aforro, etc.




Fixemos además moitos experimentos con ela: tinguímola, evaporámola, conxelámola, creamos o noso propio ciclo da auga…



Foi realmente divertido.



mércores, 19 de marzo de 2025

ACTUACIÓN MUSICAL CON INSTRUMENTOS RECICLADOS (3º E 4º EP)

 Hoxe o alumnado de 3° e 4° de EP gozou dunha experiencia musical incríble onde todos os instrumentos estaban realizados con materiais reciclados e o público formaba parte do espectáculo



QUE VIVA A MÚSICA!


Viva a música 🎶




luns, 17 de marzo de 2025

SESIÓN DE BAILE DEPORTIVO CON PONTEBAILE (4º EP)

 O luns 17 de marzo tivemos unha sesión de baile deportivo con  Adrián e Noe, da escola PonteBaile

 Ensinounos os pasos dun baile que realizaremos o 8 de abril na xornada de convivencia deportiva xunto con outros colexios no Pavillón Municipal de Pontevedra. Aprendimos moito e pasámolo xenial.

Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

martes, 11 de marzo de 2025

CHARLA "ALIMENTACIÓN SAUDABLE" (3º E 4º EP)

 O venres 7 de marzo o alumnado de 3 e 4 de primaria participaron na actividade Alimentación saudable e deporte  organizada pola concellaría de deportes.



Saúde, alimentación e actividade física é un proxecto educativo elaborado desde o SD Teucro, coa finalidade de responsabilizar aos escolares na defensa da saúde propia e colectiva.



Unha alimentación pouco saudable e o non practicar actividade física con regularidade son as principais causas das enfermidades crónicas máis importantes e ambas son modificables.



Disfrutamos moito coa actividade e sen dúbida tentaremos coidarnos un pouquiño máis.






sábado, 8 de marzo de 2025

8M: CARTEIS DE CINE DE MULLERES ESPECIAIS

 Polo 8M conmemoramos a mulleres fortes, valentes, decididas , traballadoras… todas MULLERES DE CINE, dignas sin auténtico Óscar.

Eiquí podedes ver os carteis de cine que realizaron as diversas aulas desde 3 aniños ata os maiores de 6º de primaria:



















sábado, 1 de marzo de 2025

OBRADOIRO DE COCIÑA DE ENTROIDO EN 3 E 4 ANOS: FILLOAS GALEGAS

Imos ver as sesións de cociña neste entroido en cada unha das aulas! Vinde! 


AULA DE 3 ANOS

Esta semana na clase de 3 anos, como non podía ser doutro xeito, metémonos de cheo no Entroido; ademáis de preparar os disfraces para a actuación do último día tamén fixemos dous obradoiros de filloas. Primeiro veu a nai de Breogán,  que é unha experta facendo sobremesas a ensinarnos.


 Despois traballamos os ingredientes na clase e por último xa nos lanzamos nos sós. E non nos sairon nada mal, coméronse todas,  non sobrou nadiña. 

















Nos engadimos un ingrediente segredo, chocolate blanco e negro, derretido. Éxito asegurado 😋😋



AULA DE 4 ANOS

Estamos no medio destas semanas de troula e imos facer un obradoiro de cociña, facendo nós mesmos as filloas galegas e degustalas ata fartar!

O primeiro que fixemos foi falar de todo o material:

- Sartén
- Cociña
- Batidora
- Envase para facer a mestura
- Cucharón
- Báscula
- Espumadeira
- Tenedor de pau


Tamén precisamos ingredentes como:

- Ovos (da casa)
- Fariña
- Leite (do cole)
- Auga
- Un chisquiño de sal
- Aceite para que non se pegue na sartén
- Azucre para o final 
(tamén botaríamos nata ou nutela)


Comezamos botando todos os ingredentes. por turnos, fomos botando a fariña mestres pesabamos a cantidade que se precisaba (tamén o fixemos co leite e coa auga):






Xa está todo dentro, contado e pesado.


Polo que toca...MESTURALO!!! 


Así que collimos a batidora e puxémonos mans á obra!






Así quedou todo mesturadiño!!!


Toca o momento de facelas coa sartén e a cociña pero iso o imos deixar para a profe porque temos medo de quemarnos. É un pouquichiño perigoso...ademáis, se se queman, a culpa lévala ela! jeje


Mentres ela as facía, nós merendabamos as nosas merendas vendo os debuxos animados 
do Xabarín Club.



Que boa pinta tiñan e que gañas de comela!!!

Despois do recreo, tiñamos sede e MOITA FAME!! Polo que disfrutamos degustándoas!!!








Creo que chegou o momento de devoralas!! Mirade o vídeo pinchando na imaxe de abaixo.


Algúns quixeron repetir ata que...

...ata que remataron con todas!!!