venres, 28 de febreiro de 2025

FESTEXAMOS O ENTROIDO CUN VENRES DE ALU-CINE!

    Por fin chegou a semana do entroido e no CEIPP de Parada-Campañó, seguindo co proxecto de centro deste curso académico, quixemos festexalo rendindo homenaxe ao cinema. 

    Guiándonos polos Mandadiños de Rufiño, abrimos o entroido ao xeito pirata. Garfios, parches ou sombreiros acompañáronnos ata a seguinte xornada, na que nos disfrazamos con algo que metera medo. O mércores tocou lucir os nosos poderes especiais caracterizándonos como superheroes e superheroínas, e o xoves convertímonos en personaxes moi graciosas que non paraban de facer desternillarse de risa aos demais.


Para ver as fotos, PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO.



    Como colofón final, o venres tocou a festa grande na que tamén nos acompañaron as familias. Un entroido tremendamente divertido no que cada grupo se disfrazou dunha película, desfilamos para amosar ben cada detalle dos nosos atuendos, e disfrutamos dos bailes sorpresa de cada curso! 










Os profes tamén se meteron no papel cinéfilo e pasárono de cine!








Como todos os anos, tivemos a sorte de que a ANPA nos tiña preparada unha deliciosa merenda con doces típicos do Entroido, polo que puidemos recuperar folgos para continuar a vivir esta festa tan especial!


Nos despedimos co pequeniño acto no que felicitábamoslle o aniversario á María, o persoal de limpeza, e que este curso xubílase despois de moitísimos anos formando parte desta gran familia do colexio. Gracias a ela pola súa amabilidade, a súa disposición e o seu traballo día a día. BOTARÉMOLA MOITÍSIMO DE MENOS!!!



 Moitas grazas a todos por facelo posible! Ata a próxima e que viva o entroido! 



PARA VER MÁIS FOTOS DESTE VENRES DE ENTROIDO, PINCHADE NESTE ENLACE

xoves, 27 de febreiro de 2025

SESIÓN DE RUGBY (4º EP)

 O xoves 27 de febreiro tivemos unha sesión de iniciación ao Rugby cinta. Alberto, do Clube Rugby Pontevedra, que xa viñera o curso pasado, ensinounos como se xoga a este deporte.

 Fixemos uns exercicios para aprender a pasar o balón, a superar ao contrario en carreira, ... 

Pasámolo xenial. O 8 de abril, volveremos a xogar xunto con outros colexios no Pavillón Municipal de Pontevedra.

Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.


martes, 25 de febreiro de 2025

OBRADOIRO DE FERIDAS TERRORÍFICAS (3 ANOS)

 Hoxe Rufino mandounos traer algo que dera medo, na clase de 3 anos fixemos un obradoiro de feridas terroríficas. Quedaron tan ben que parecían de verdade.




TEATRO DE CASTELAO (3º e 4º EP)

 O pasado 28 de outubro o alumnado de 3º e 4º de primaria asistiron ó teatro principal para disfrutar da obra de teatro “Castelao” cun texto de Paula Carballeira.

Castelao é unha figura da historia das artes en Galicia, neste caso, represéntase coma un neno de 8 anos na súa vila natal, divertido, feliz e aventureiro.

Gustounos moitísimo! 


Para ver todas as fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.




luns, 24 de febreiro de 2025

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 DE FEBREIRO)

Rosalía de Castro foi unha gran escritora galega que escribía tanto poesía coma novela. Desde hai uns anos, o 23 de febreiro celébrase O DÍA DE ROSALÍA que foi o día en que naceu (aínda que hai quen o festexa o día 24 que foi cando se bautizou).

O Día de Rosalía caeu este ano en domingo pero nós, desde o centro, quixemos conmemorar o día con varias actividades que se levan realizando desde a semana pasada e o luns 24.

Día de Rosalía 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), propoñemos celebrar o Día de Rosalía de Castro dunha maneira especial e divertida. Este ano, queremos que o noso alumnado coñeza mellor a figura de Rosalía e outras autoras galegas a través dun xogo de retos.

O obxectivo desta actividade é achegar a literatura galega dun xeito lúdico e participativo, fomentando o uso da nosa lingua e poñendo en valor o legado das escritoras que marcaron a nosa cultura.

Como será o xogo?

Organizaranse diferentes probas e desafíos relacionados coa vida e obra de Rosalía de Castro, así como doutras escritoras galegas destacadas. O alumnado deberá superar cada desafío para avanzar no xogo e descubrir curiosidades sobre as autoras galegas 

Obxectivos da actividade:

✅ Coñecer mellor a Rosalía de Castro e outras escritoras de Galicia.
✅ Potenciar o gusto pola literatura galega.
✅ Xogar e aprender de maneira cooperativa.
✅ Reforzar o uso da lingua galega no ámbito escolar.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar e celebrar xuntos este día tan especial, reivindicando a importancia de Rosalía e o legado das escritoras galegas!

"Tecín soia a miña tea, seguireina tecendo..." 

Un gran mural de Rosalía da a benvida no nos centro e subindo atopamos más paredes fermosos libros que colgan de lazos de cores invitando a mergullarse na vida e obra de Rosalía nesta original exposición. Os retos sobre autoras galegas de renome fixeron as nosas delicias xogando e gozando mediante a lúdica.




6º ED. INFANTIL - 5 ANOS

O alumnado de 6º de Educación Infantil preparou un anaco do poema "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro. As fotos que acompañan ao poema son dos nenos e nenas da clase cando eran bebés.



5º ED.INFANTIL - 4 ANOS

O alumnado de 5º de Educación Infantil xuntou información previa sobre a vida de Rosalía de Castro e puxeron en común certa información sobre a quen era o seu marido, cantos fillos tiveron, onde vivían, a que se adicaba Rosalía de Castro, etc. e despois creouse un xogo interactivo para reforzar o aprendido e así xogar en equipo:. 

Podedes aceder ó xogo pinchando na imaxe de abaixo (hai ordenadores o tablets nas que as opcións de Verdadeiro ou Falso aparece en inglés)


1º ED. PRIMARIA

O alumnado de 1º primaria divertíronse moito cos RETOS que propuxo o EDNL.






2º ED. PRIMARIA

A conmemoración de Rosalía De Castro no seu día máis especial  sempre é unha excusa para así  traballar o vocabulario en galego, a poesía, a beleza do noso, a biografía da escritora… un sin fin de recursos para crear cousas tan hermosas como as que fixeron estes días os alumnos de 2º de Educación Primaria.








4º ED. PRIMARIA

O alumnado deste curso elaborou un dossier de investigación trala visita a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón.



venres, 21 de febreiro de 2025

SESION DE JUDO (4ºEP)

 O venres 21 de febreiro tivemos unha sesión de iniciación ao Judo. Alberto, cinturón negro 3º Dan, que xa viñera o curso pasado, ensinounos uns xogos e algunha inmovilización e chave deste deporte. Pasámolo xenial.











Para ver máis fotos, PINCHAR NO ENLACE.

VISITA Á CASA DE ROSALÍA (3º E 4º EP)

 O pasado mes de febreiro, os alumnos de 3.º e 4.º de primaria viviron unha experiencia única na súa visita a Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. 


 

Foi unha xornada chea de aprendizaxe, emoción e descubrimentos sobre unha das figuras máis importantes da literatura galega e española.



Desde o momento en que cruzamos a porta da casa onde Rosalía pasou os seus últimos anos, mergullámonos no seu mundo. A través das distintas salas, os nenos puideron coñecer máis sobre a súa vida, a súa obra e o contexto histórico no que escribiu os seus poemas e novelas. A visita guiada permitiunos comprender a importancia do seu legado e o impacto da súa literatura na cultura galega.



Un dos momentos máis especiais foi cando puideron ver obxectos persoais da escritora, o seu escritorio e unha recreación do ambiente no que viviu, o que fixo que a súa historia cobrase vida #ante os nosos ollos.



Sen dúbida, esta visita deixou unha pegada indeleble nos nosos alumnos, achegándoos á figura de Rosalía de Castro dunha maneira próxima e emocionante. Esperamos repetir pronto esta marabillosa experiencia!



Máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

Mandadiños de Rufinho


 Os nenos e nenas de 3º de Primaria avisannos dos mandadiños de Rufiño para este Entroido.

XOGALOITA (3º EP)

 O 20 de febreiro, visitaron o colexio Saúl Bello e Iago Fernández, deportistas da Federación Galega de Loita, para amosarnos o seu deporte. Practicamos uns xogos moi divertidos relacionados coa loita. O próximo 11 de marzo, na xornada de convivencia deportiva de Adespont no Pavillón de Deportes de Pontevedra, volveremos a xogar a eles co resto de colexios.



Para ver máis FOTOS e VÍDEOS, podedes pinchar NESTE ENLACE.

xoves, 20 de febreiro de 2025

BAUTISMO NA NEVE EN CAMPAÑÓ

 A nosa ANPA SAN PEDRO organizou unha viaxe marabillosa á neve onde alumnado e as familias disfrutaron dun deporte de inverno como é esquiar. Tanto adultos como nenos que non sabían esquiar, disfrutaron dun "bautizo" no esquí cos monitores.


O tempo de convivencia e de disfrute foi incrible. Unha moi boa experiencia que recolleron os do xornal DIARIO DE PONTEVEDRA que o publicaron na portada, nin máis nin menos!

Agardamos que se repita ano tras anos e fomenten lazos de amizade e o amor por este deporte.