xoves, 30 de xaneiro de 2025

DÍA DE LA PAZ 2025

 Para conmemorar o Día da Paz,  traballamos a canción “EL CIELO NUNCA CAMBIARÁ”, de Melendi. En relación ó proxecto deste curso, centrámonos na película “Como entrenar a tu dragón 3”.

Queremos un mundo de sorrisos, de cores, de alegría, onde admitamos a pluralidade e a ledicia nas nosas vidas. Por iso, o alumnado de 4 e 5 anos crearon UN MUNDO DE CORES o nos redor.

As cores fan que riamos, que esteamos de bo humor, que todo o que nos rodea é bonito porque queremos deixar atrás as cousas feas. Bonita é a nosa amizade, bonitas son as nosas risas xogando no patio, bonitos son os debuxos que coloreamos na aula,...e bonito é o vídeo que fixemos para compartir.

"A paz é alegría, 

alegres os amores, 

amores son os amigos

nun mundo de cores."



Elaboramos, xunto co resto de compañeiros do colexio, unha medalla pola PAZ que personalizamos todo o cole o noso gusto e con moitas cores.






Mirade que bonitas quedaron as medallas que levaron para casa:





Despois do recreo, reunímosnos todos no patio cuberto para ler manifestos de paz, falar das películas que nos aportan valores e para cantar xuntos a canción "EL CIELO NUNCA CAMBIARÁ", de Melendi.






¿QUEREIS VER EL PEQUEÑO VÍDEO? 

Ó rematar, quedamos un anaquiño máis bailando...




Se queredes, podedes ver máis fotos no seguinte enlace: ALBUM -: PAZ 2025

mércores, 22 de xaneiro de 2025

XOGAMOS COS NÚMEROS (5ºEI - 4 anos)

 Toca reforzar os números cun xogo sinxelo pero divertido, manipulando as tarxetas dos números. 

Os números son do 0 ó 9, cos signos "=" e "+" cos que traballaremos máis adiante. Cada un ten as as súas tarxetas de distintos cores, co nome por detrás e coa súa bolsiña para gardalas.


O primeiro que fixemos foi sacar as tarxetas do 1-5.


Repasamos os números na pantalla dixital, escribíndoos en orden entre todos, saíndo por turnos a escribir o que viña despois e...tras este repaso, PUXÉMONOS MÁNS A OBRA XOGANDO que é máis divertido aprender así.


Como proba final, un pouquichiño máis complicada a cousa...


Creo que xa estamos preparados para introducir no xogo os números novos e máis dificultade!!!!






martes, 21 de xaneiro de 2025

VISITA Ó MUSEO DE 5º E 6º EP (CASTELAO)

 Hoxe 21-01-25 o alumnado de 5º e 6º de EP, fixemos unha saída ao Museo de Pontevedra para contemplar dúas exposición:

CASTELAO, exposición permanente no Museo de Pontevedra, onde o alumnado familiarizouse coa figura do ilustre polifacético galego, observando as súas creacións plásticas e literarias.



A outra exposición é temporal, trátase dunha mostra da colección de xoguetes antigos "E TEMPO DE XOGAR", pertencente a Jose Manuel Alfaya Ocampo, un xuíz xubilado que conta con máis de 700 pezas de xoguetes de comezos e mediados do seculo XX.






venres, 17 de xaneiro de 2025

SESIÓN DE PONTECIENCIA (6ºEP)

 O 17-01-25 Recibimos a visita dos científicos de Ponteciencia, proxecto de investigación científica no que este ano participará o alumnado de 6º EP.

Nela explicáronnos o funcionamento deste proxecto e levamos a cabo un experimento: " A cinta de Moelius" a través da cal practicamos o método científico, co cal xa estámos a familiarizarnos despois desta segunda toma de contacto.
Aquí tedes unha pequena mostra do feito empírico.






martes, 14 de xaneiro de 2025

SESIÓN DE FÚTBOL SALA (5ºEP)

 O luns 14 de xaneiro, o Poio Pescamar FS acercouse ao colexio a dar unha sesión de fútbol sala ao alumnado de 5° de Primaria para dar a coñecer e fomentar o seu deporte.

Podedes ver máis fotos, PINCHANDO NESTE ENLACE.

venres, 10 de xaneiro de 2025

OBRADOIRO CIENCIA DIVERTIDA (6º EP)

O pasado venres 10 de xaneiro fisemos o primero obradoiro de ciencia divertida, na que o alumnado de 6° EP comezou a familiarizarse co método científico.

Valaí unha pequena mostra gráfica.