Os venres despois do recreo temos sesión de cine todo o ciclo de infantil. Como se aproximan as datas de Nadal, decidimos ver a película do GRINCH en debuxos animados porque non lles da tanto medo a a algún como a película con persoaxes reais.
venres, 29 de novembro de 2024
SESIÓNS DE CINE OS VENRES. HOXE O GRINCH (Ciclo de infantil)
Ó ser a película longa e a sesión na Rufiteca corta, dividimos a peli e ver´mola en 2 veces.
Así ós máis pequenos non se lle fai tan cansado.
Preparamos os nosos botes de gusanitos e...A DISFRUTAR DO CINE!!!
Temos gañas de que chegue o próximo día para ver como remata!!!
Encántanos estar con todos os nosos amigos de infantil disfrutando do cine no cole!
mércores, 27 de novembro de 2024
PRIMEIRA CARREIRA DE CROSS (2º EP)
O alumnado de 2º disfrutou dunha gran experiencia na súa primeira carreira de campo a través na Illa das Esculturas
mércores, 20 de novembro de 2024
PLAN DIRECTOR: O ACOSO (6ºEP)
O pasado contamos coa presenza dunha parella de mulleres policía que levou a cabo unha charla sobre o acoso para concienciar sobre os perigos que conleva.
O nenos e nenas participaron activamente na charla que lles resultou moi motivadora e instrutiva, contando vivencias propias.Velaí unha pequena mostra da visita!
venres, 15 de novembro de 2024
CHARLA MEDIOAMBIENTAL CONCELLO: BIODIVERSIDADE DAS RÍAS BAIXAS (6º EP)
BIODIVERSIDADE DAS RÍAS BAIXAS
Hoxe recibimos a visita de NOME DO PONENTE, que informou ao alumnado sobre a biodiversidade autóctona da nosa contorna, as rías baixas.
Deunos moitos datos curiosos sobre as distintas especies da nosa terra incluíndo datos tan curiosos como que o pino no é unha especie autóctona ou que moitos espazos naturais que nos pensamos que son bosques, en realidade son plantacións de árbores feitas polo ser humano.
A charla completouse cuns xogos moi motivadores para o alumnado.
Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe gráfica da actividade.
martes, 12 de novembro de 2024
DANA.- DONAZÓNS DAS FAMILIAS
Grazas!
queremos agradecervos a vosa colaboración e doazóns para axudar aos afectados pola DANA.
Grazas tamén a todos os pais e nais voluntarios que participastes na recollida e clasificación de material.
Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.
luns, 11 de novembro de 2024
SESION DE ESGRIMA 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria
O xoves 24 e o venres 25 de outubro, a "Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra" veu ao colexio a dar a coñecer o deporte da Esgrima. Practicamos as posturas básicas e fixemos uns "combates" con sables de espuma.
PINCHANDO NESTE ENLACE veredes máis fotos das sesións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)