Páxinas

martes, 22 de outubro de 2024

PROXECTO "ALU-CINE": CHARLES CHAPLIN E O CINE MUDO


Entre o venres anterior e hoxe estivemos falando do cine mudo onde non se falaba. As imaxes eran en branco e negro (e gris, como comentaban eles e elas) e estaban acompañadas de música.


Aproveitamos para proxectar a película de "O NENO" / "THE KID" / "EL NIÑO" protagonizada por Charles Chaplin, un actor MOI IMPORTANTE E FAMOSO do cine mudo.

E se nos convertemos en Chaplin nós tamén?

Os encargados repartiron a cara a súa foto en branco/negro (e gris,jeje).





Que máis precisamos? Pois o bombín, o sombreiro mítico desta personaxe! 

Así que, con axuda dos pegamentos, cada un vai poñerse o seu sombreiro.


E tamén levaba un bigote moi espeso e estreito debaixo do nariz!!! 
Así que, con rotulador debuxámosnos o "mostachoo"


E colocamos as nosas fotos na cortiza enriba dos nosos percheiros. Agora falta por escribir o nome de Chaplin e poñelo pero...o próximo día!!


 
Quedaron chulos, verdade?

Eiquí vos deixo o enlace da peli por se a queren volver a ver porque, nalgunhas escenas, rínronse moito!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario