Xa pasaron unhas semanas desde que empezou o cole e vos contamos cómo nos foi.
Durante os primeiros días, os adicamos a refacer carteles, tarxetas, paneis, necesarios para o bo desenvolvemento do día a día.
*PREPARAR AS TARXETAS COS NOSOS NOMES PARA OS CASILLEIROS ONDE GARDAMOS OS NOSOS TRABALLOS DIARIOS.
*PREPARAR TARXETAS COS NOSOS NOMES PARA AS RUTINAS DE ENCARGADO, PASAR LISTA E REXISTRAR QUEN FALTA.
*PREPARAR A NOSA CARTOLINA COA FOTO DE GRUPO PRESENTÁNDONOS
.
Para confeccionala, despois de escribir os nosos nomes, a decoramos con longas culebras de plastilina, que se converteron en camiños entre os nomes, ó pegalas na cartolina. E xa lista, a pegamos na nosa porta da clase!
*DECORAMOS UNHA FOTO DE GRUPO INDIVIDUALMENTE QUE LEVAMOS PARA CASA PARA TER COMO RECORDO.
Tamén comezamos a levar a cabo algunhas tarefas de papel relacionadas con conceptos e contidos curriculares, que previamente traballamos de variadas maneiras.
*MONTAR PALABRAS QUE NÓS MESMOS SUXERIMOS CADA DÍA NO NOSO RECANTO DE "A PALABRA DO DÍA".
Cada día o encargado propón esa palabra, coa que facemos diversas actividades e xogos. O primeiro día foi a profe quen a propuxo, pois tiñamos un compañeiro novo e a palabra do día foi o seu nome, ARTHUR.
Unha vez á semana, faremos unha traballo en papel en torno a estas palabras propostas nesa semana.
*REXISTRO DOS LIBROS QUE LEVAMOS PARA CASA EN FIN DE SEMANA PARA LER COAS FAMILIAS- Co fin de ir facéndonos conscientes do título do libro, o número que presenta para localizalo nunha biblioteca, que é o que anotamos, a data en que o facemos. Así mesmo, ó rematar o curso teremos un rexistro de todos os libros que levamos en todo o curso (que en ocasións repetimos pois hai libros que gustan moito) e tamén unha evolución para as familias, na representación do mesmo: tamaño e representación do trazo, organización do espacio, ademáis de traballar aspectos como a atención, observación e concentración, e autonomía de acción (en función da axuda que precisen e a necesidade de ser guiados nesta actividade máis ou menos: busco o meu libro de rexistro, dou co título e consigo copialo ou escribilo pensando, deixo recollido o libro no seu lugar correspondente e metido o conto na carpeta,....).
*COMEZAMOS A TRABALLAR NO LIBRO DE LÓXICA-MATEMÁTICA, realizando previamente actividades relacionadas coa ficha, ben manipulativas, ben a través de xogos, como neste caso, que a través dunha actividade de tangram feita con María, a mestra de apoio, traballamos con algunhas formas xeométricas, compoñendo diferentes animais con elas.
*ACTIVIDADES RELACIONADAS CO NOSO DICCIONARIO, COÑECENDO ESTES DÍAS COMO SON ALGUNHAS LETRAS, AS VOGAIS, EN MINÚSCULA.
*UN GRUPO UTILIZOU AS TABLETS, NA BIBLIOTECA, MENTRES O OUTRO PARTICIPABA EN ACTIVIDADES DE ROBÓTICA.
*APRENDIMOS UNHA POESÍA, A RAÍZ DE APARECER O PRIMEIRO DÍA DE CLASES UN POSTRE MOI ESPECIAL: UNS GUSANIÑOS FEITOS CON DONUTS, E REGALIZ. Ademáis de desfrutar desta merenda, isto deu pe a aprender unha pequena poesía que días despois recitamos aos nosos compañeiros de 4 anos.



VOS SEGUIREMOS CONTANDO!!!