Hoxe foi un día moi agardado, o DIA DAS LETRAS GALEGAS, as nosas letras e, para iso, preparamos unha celebración cargada de sons, cancións, ledicia, colorido e "MOITO GALEGO".
Queremos compartir con vos moitas das cousas que realizamos todo o centro, xunto coa colaboración das familias tamén, para conmemorar o 17 DE MAIO que agardamos que vos gusten.
CANTAREIRAS DE CAMPAÑÓ
Así de fermoso quedou o mural coa recompilación de Cantareiras, podedes velo na entrada do noso centro. Un traballo estupendo de todo o alumnado e das súas familias.
O GRUPO DE FOLCLORE GALEGO RONSEL ACTUOU NO NOSO COLE PARA ACHEGARNOS Á CULTURA TRADICIONAL DAS CANTAREIRAS.
Este mércores, 14-05-2025, tivemos a sorte de realizar unha actividade moi especial centrada na posta en valor da cultura galega gozando dunha actuación en directo do grupo de folclore galego Ronsel, que encheu o noso patio de música, baile e tradición. Sen dúbida, unha experiencia que deixará pegadas en nós.
O SON DA NOSA LINGUA
Hoxe, 16-05-2025, actuamos nós. Os nenos e nenas de Campañó ensaiamos con moito cariño e ilusión as propostas realizadas dende educación musical para festexar estas letras galegas, cantando e bailando a nosa lingua, gozando do noso folclore e dos sons máis representativos da nosa terra.
Agardamos que vos gusten e poidades disfrutar dunha auténtica viaxe musical!! Feliz Día das Letras Galegas e que vivan as Cantareiras!!!
PRESENTACIÓN
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
1º EP
2º EP
3º EP
4º EP
5º EP
4º EP CON ISI
3º Y 5º CON JOSE
PANDEIRETAS
Realizamos estes bonitos imáns como símbolo do noso folclore e da nosa tradición. Abofé que quedaron ben xeitosos!
UNHA LINGUA DE CINE
Dende EDLG queremos poñer a vosa disposición unha carteleira de películas en galego para que poidades festexar este ano de Cine coa nosa lingua. Correde a Rufiteca e elixide a que máis vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario