Cada ano, o 11 de outubro, celébrase o Día internacional da Nena. O alumnado de 3 de primaria abordou esta conmemoración coñecendo un referente para as nenas do mundo: Malala Yusufzai.
A través da lectura da súa historia descubriron que con tan só con 15 anos recibiu un disparo na cabeza pola campaña que puxo en marcha contra a destrución dos colexios para nenas no seu país, Paquistán.
Recibiu o Nobel da paz pola súa loita por facer visibles toda as inxustizas que se estaban vivindo.
Nós tamén quixemos soñar cun lápis máxico, por iso, deixamos plasmados os nosos desexos pola igualdade tentando facer un mundo mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario