Páxinas

xoves, 22 de agosto de 2019

ESTREA DA CURTAMETRAXE "ATOPANDO O CAMIÑO"

Hai un ano, no colexio estivemos traballando arredor do proxecto do Camiño de Santiago. Un curso escolar onde o traballo de mestras, mestres e alumnado xiraba arredor desta temática facendo investigacións, coñecendo os camiños existentes, o material e cousas a ter en conta por parte dos peregríns, monumentos do camiño, a orixe de facer o camiño,…

Entre moitas das actividades que se organizaron no centro, do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, naceu a proposta de ter un enfoque máis visual. Polo que, o noso centro, profesorado e alumnado, decidimos rodar unha curtametraxe.

Para iso foi necesario realizar varios borradores ata que chegamos o guión final co que puxemos en marcha a preparación da rodaxe.



Durante varios meses, realizáronse xestións programadas e, outras moitas, foron xurdindo a medida que avanzabamos:

-    Contamos coa colaboración da Facultade de Audiovisuais do Campus de Pontevedra que, a        
     través do profesor, Tito, puxo a nosa disposición o material de imaxe e de son profesional.

-   Contamos con alumnado da facultade que nos axudou coas cámaras, o uso dos micrófonos,…

-   Profesionais e aficcionados do tema ofrecéronse para votarnos unha man neste proxecto escolar   
    formando parte do Equipo Técnico.

-   Solicitude de autorizacións das familias para o alumnado interesado en participar na curta.

-   Etc.


Destacar que a colaboración e implicación das familias foi un papel súper importante na rodaxe dado que as xornadas de grabación realizáronse durante os fins de semana do mes de xuño.

Para o alumnado resultou ser unas xornadas intensas, onde viviron a experiencia de rodar esceas, ter que repetir tomas, aprender guións ou parte dos mesmos, unha grabación, para eles e elas, “desordenadas” das esceas e, moitos deles, os máis peques, pensaban todo o tempo que iamos ir realmente andando a Santiago de Compostela. Ás familias foron un papel importantísimo nesta rodaxe xa que colaboraron e se implicaron neste proyecto, transportando os seus fillos e fillas ós lugares de rodaxe, respectando os horarios fixados e amosar ilusión en todo momento.

Durante todo o tempo, estivemos fotografiando as nosas vivencias e esta experiencia para que queden para a lembranza dos nenos e das nenas, así como das familias, polo que, a continuación, pinchando na imaxe, accederedes á galería de FOTOS da rodaxe.


Desto fíxéronse eco varios programas de radio e varios xornais que quixeron plasmar nas súas follas o traballo que o alumnado do colexio de Parada-Campañó estaba facendo con motivo do proxecto do centro (Podedes acceder á información completa pinchando na imaxe da páxina de cada xornal)



 SERMOS GALICIA


DIARIO DE PONTEVEDRA



Tivemos sorte co tempo atmosférico e, pese a que nalgunha xornada de rodaxe ameazaba con chover, tivemos bo tempo que nos permitiu levar a cabo a rodaxe sen dificultade.





Pero sempre é mellor ver como foron estas xornadas de rodaxe e, por iso, aquí podedes acceder ó MAKING OF da curtametraxe, para que vos fagades unha idea do que trata.


Nesta curtametraxe contamos con varias persoas moi coñecidas en Pontevedra que non dubidaron un intre en formar parte deste proxecto do cole:


-       Raquel Queizás ( https://www.raquelqueizas.com/?lang=es )

-       Polo Correo do Vento, Quique e Carlos (http://polocorreodovento.blogspot.com )

-       Óscar Ibáñez (http://www.oscaribanez.com )


Xustamente Óscar Ibañez, gran gaiteiro, pon a banda sonora a esta curtametraxe coa música do seu último disco “Alén do Mar” que encaixa maravillosamente coa historia que queremos contar.

Durante un ano, estas xornadas de rodaxe pasaron á fase de montaxe na que se adicaron moitos días e moitas horas nas que se traballou coas grabacións de imaxe e as do son, a música, as voces, as tomas,…moito traballo que hai detrás e que non se ve pero que agardamos que lles guste ós e ás protagonistas cando vexan o producto final.

Por iso, comunicámosvos que este proxecto está rematado e queremos compartir con todos a ESTREA DA CURTAMETRAXE. Pinchade na imaxe e verédela mellor.



Aquí vos deixamos a invitación coa que agardamos que todo o alumnado, exalumnado, familias, profesorado, amigos, amigas,…e todos os que queiran vir, veña disfrutar desta PEQUENA PELÍCULA que protagoniza o alumnado do noso colexio e foi realizada con moitísimo cariño.

E non vos esquezades de seguirnos en Facebook para estar actualizados en toda a información relacionada coa curtametraxe. So tedes que acceder a  páxina de Facebook https://www.facebook.com/atopandoocaminho/ ou pinchando na imaxe de abaixo e DARLLE A ME GUSTA!!!






VÉMONOS NA ESTREA 
O XOVES 26 NO TEATRO PRINCIPAL!!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario