Este luns puxemos en marcha unha experiencia lúdica e inclusiva que ten que ver cos momentos de recreo.
Forma parte dun plan de formación do centro, co que se pretende fomentar que nos momentos de recreo todo o alumnado xogue e participe nas distintas actividades, moitas elas de tradición popular, como son os xogos populares.
Esta experiencia son OS PATIOS DINÁMICOS.
Esta experiencia son OS PATIOS DINÁMICOS.
Neste curso escolar se levarán a cabo os luns.
Dado que queda pouco para rematar o curso, nos servirán como ensaio para o próximo curso.
En cada un destes xogos, haberá dous monitores (dos cursos de 5º e 6º) dinamizando e levando a cabo os xogos co resto de nenos.
UN PRIMEIRO PASO foi levar a cabo unha reunión conxunta co alumnado do centro na que explicamos en que consistiría a experiencia.
Nela pedimos tamén voluntarios para estas actividades, dos cursos máis superiores, 5º e 6º.
Todos aqueles/as que quixeran ser monitores dos xogos poderían apuntarse nun folio no corcho da entrada.
Rematado o prazo, os voluntarios/as tiveron a súa primeira reunión na que se lles explicou en que consistiría cada xogo, así como as normas básicas que os participantes debían seguir.
Cada parella de voluntarios levará consigo un chaveiro coas normas dos xogos, para poder recordarllas aos participantes cando xurda algún problema.
Ademáis do material necesario para ese xogo, tamén portarán uns carteis que están pegados nunhas picas con ladrillo, para poder movelos e colocalas na zona de xogo.
Este primeiro día foi un éxito en canto á participación e o entusiasmo amosado por todos/as.
Os xogos de primaria son:
O PANO
Por motivo das obras que se están levando a cabo no patio cuberto, temporalmente ata o seu remate, este xogo se levará a cabo na zona de goma á saída da sala de usos múltiples.
CHAPAS
Con dous circuitos temporais que polo momento están pintados con tizas para ir observando como van funcionando, ata pintar os definitivos.
Se terán en conta as aportacións dos nenos/as e se irán facendo modificacións.
Se terán en conta as aportacións dos nenos/as e se irán facendo modificacións.
XOGO TRANQUILO
No que se instalarán unhas esterillas para maior comodidade do alumnado e que conta con diversos xogos nos que na maioría son necesarios dous ou máis xogadores.
E os xogos do patio de Infantil son:
O PANO
OVO PODRE (xogo de roda)
PINTAR CON XICES
Haberá momentos nos que según o número de nenos/as que estén a xogar, haberá que esperar pero seguro seguro que valerá a pena!!
Pero para ser o primeiro día non estivo mal!!
Quedamos todos moi moi contentos!
Vos iremos informando!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario