Páxinas

xoves, 17 de maio de 2018

A árbore das familias (Infantil 4 anos)



Continuando co tema da fraga, as árbores e a natureza, na aula creamos unha enorme árbore na que poder pegar as fotos das nosas familias. Sería a nosa "árbore das familias"·.
 
Vimos fotos de todo tipo de árbores no ordenador de clase, volvimos visitar as árbores do patio, fixándonos nas que tiñan flores e as que non, as que seguían sen follas....

E puxémonos mans á obra debuxando, nun enorme mural, primeiro con lápiz o boceto do que sería o tronco da nosa árbore, para logo pintala con témpera.
 Cando tivemos todo o tronco pintado, coas súas ponlas, moitas, moitísimas ponlas, debuxamos follas de distintos tamaños e tonalidades, para ir pegando nela.




Cada un trouxemos da casa fotografías das nosas familias, os membros máis cercanos, pai, nai, irmáns, avós...e despois de contarlle ós compañeiros quen era cada quen que aparecía na fotografía e os seus nomes, xa impresas, as pegamos no lugar que máis nos gustaba do mural da árbore. 







Aproveitamos  esta
actividade  para fixarnos
 nos nomes dos
 pais e as nais, ver que letras
teñen, as iniciais, e elaborar
un pequeno dossier cos
seus nomes, con debuxos
 deles  e escritura libre
tentando contar como son.

E unha vez pegadas todas as fotografías tamén  pegamos os nomes do noso pai e nai ó lado delas para así poder ler cando miremos as fotos.








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario