Na aula de 4 anos estivemos inmersos durante un par de semanas na confección dun "punto de reciclado de lixo" dentro da aula, para contribuir á nosa maneira, a coidar o noso planeta.
Para elo, previamente adicamos unhas sesións a ver algúns videos e imaxes que nos falaban e retrataban esta realidade. Levamos a cabo diálogos, que nos fixeron pensar na posibilidade de colaborar nós tamén, tanto en casa, con algunhas accións, como na escola, e concretamente na aula, iniciándonos no refugallo de envases e envoltorios que diariamente tirabamos á basura, na hora da merenda, e que agora "separamos".
Éste é o recuncho da aula adicado a "separar". Pero vos contamos cómo foi o proceso.
Inicialmente visionamos uns videos como o seguinte. Aquí descubrimos as "tres erres: reducir, reutilizar, reciclar", así como algunhas accións importantes.
Así como os consello de Thelma, en videos como éste:
Cando Ángela nos preguntou se queríamos poñer un punto de recliclado na aula, a todos nos gustou a idea!!
Había que buscar caixas que fixeran de contenedores e pintalas das cores correspondentes, que vimos en máis videos e en moitas fotografías.
Pintamos unha de azul para o papel e o cartón e outra de amarelo para o prástico e os bricks.
Nalgunhas sesións xogamos a colocar no envase correspondente, sacando dunha enorme bolsa, distintos envases, cos ollos pechados, a ver cal nos tocaba.
Agora, cada día, na merenda, e cando recollemos despois de traballar, nos fixamos, para ver ónde tirar cada cousa: os papeliños que nos sobran cando recortamos, as mondas da froita, os bricks de zume, as palliñas, .....
Aínda nos custa un pouco e non sempre acertamos á primeira pero isto é práctica, e cada día practicamos e moito!!
Ademáis elaboramos un pequeno libriño, coa letra dunha canción que aprendimos, "Rap de la basura"
Tamén recortamos en revistas, distintos alimentos, para pegar nos contenedores, según o tipo de envase: prástico ou cartón.
E como remate da tarefa, confeccionamos unhas pequenas caixiñas, ás que lles pegamos un imán, para poder pegar no frigorífico de casa, e na que pegamos os tres contenedores, para telas nas casas
sempre á vista e non olvidarnos.
É divertido isto de separar, e non custa nada!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario