En semanas anteriores estivemos traballando cunha curtometraxe moi especial: "Tamara". Na que á protagonista, unha nena xordomuda, encántalle bailar, e o fai moi moi ben, a pesar de non escoitar a música.
Despois de visualizalo, levamos a cabo unhas sesións de "diálogo" sobre o que observamos, a nivel descriptivo, para pasar a "xogar a pensar" para profundizar en aspectos como o feito de que a nena a pesar de non escoitar, poida bailar, os seus soños, a mirada tenra da súa nai...verbalizando as emocións que xurden destes diálogos e razoando as súas respostas.
Bailamos, igual que Tamara, que bailaba co seu osiño
Bailamos con música e sen música, imaxinándoa como ela fai..e a verdade é que nos gustou!
Debuxamos a Tamara e escribimos o seu nome
Tamén estivemos vendo algúns videos para descubrir como falan as persoas xordo mudas, cómo é o nome dos animais, as froitas, as letras do noso nome.....aquí nesta fotografía, estamos buscando as nosas letras para logo repetilas nós coas mans.
Tamén fixemos unha dinámica cooperativa, a da tea de araña, contando ós compañeiros cal é a cousa que máis nos gusta facer, igual que a Tamara bailar, a nós...
pintar, patinar, xogar cos lego, xogar ó futbol, bailar, ir ó zoo, correr, xogar cos animais, botar carreitas e durmir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario