Páxinas

mércores, 17 de xaneiro de 2018

COMEZAMOS A AVENTURA NO CAMIÑO! - 3 anos

Hoxe, na aula de 3 anos, apareceu un gran papel con algo debuxado.


Menuda se armou! Quen fixo iso? que debuxara? Era un misterio...Entón comezamos a conversa para determinar que era aquelo debuxado:

Todos dicían que era unha man pero Bruno estaba convencido de que era A SÚA MAN.


  Por iso, puxémonos a comparar as mans co debuxo porque dicían que tiña dedos. Despois de contar un por un, decatámonos que tiñamos soamente 5 dedos, polo que non podía ser un debuxo dunha man xa que alí se percibían 11!! Inmediatamente dixeron que non era unha man de neno porque esa era enorme, polo que tiña que ser a man dun xigante ou dunha bruxa.


 Estivemos deliberando e chegamos á conclusión que aquelo que estaba alí podía non ser unha man, entón rápidamente un contestou que tiña que ser o debuxo dun pé (de todos xeitos, Bruno seguía convencido que o que alí estaba debuxado era a súa man). Estivemos falando que quizais sería outra cousa. Entón, decidimos cambiar o debuxo de posición para ter outra perspectiva da imaxe.


Nada máis pegar a folla na parede e de recortar a parte sobrante, Sofía Beis decatouse que iso era unha CUNCHA!!! Entón todos gritaron que si era, polo que optamos por buscar en internet imaxes de cunchas para adiviñar cal era.




Nesta estiveron dacordo que non era.



 Sofía Buceta dixo que non podía ser porque estaba aplastada.



Xavier dixo que esta tampouco era porque tiña algo vermello e un ovo no medio,jeje.






         

        Entón descubrimos unha imaxe!!!!!
 Esta era á que se parecía!!!







Polo que xa tiñamos unha semellanza entre o debuxo e a cuncha que podería ser. 






Preguntando que tipo de cuncha sería, Xavi dixo que era de vieira polo que lles dixe que tiña nunha caixa unhas cunchas e quizais podían ser como aquela e as estiveron tocando, manipulando e contando o número de "dedos" que tiñan.







E cando lles preguntei que era unha vieira, soamente souberon contestar que a vieira é a cuncha pero non souperon dicirme nada máis. Polo que temos que investigar 3 cousas que temos pendentes:

- Que é unha vieira.
- Para que sirve e que podemos facer con ela.
- Seguir investigando sobre o debuxo (con que cor podemos pintala, onde aparecerá ese debuxo pintado, para que se pinta,...)

EMPEZA UNHA GRAN AVENTURA!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario