Xa chegamos a unha das épocas mais agardadas do ano para os pequenos. Unha época máxica e chea de ilusións. Este ano, os pequenos convertéronse en renos pero non uns renos calquera! Son uns RENOS PEREGRINOS que viñeron de todo o mundo nestas datas peregrinando cara Santiago pero deu a casualidade que pararon descansar en Campañó e aprovecharon a ocasión para deixarvos esta felicitación de Nadal que agardamos de vos guste:
Asemade, as mestras de infantil e a cuidadora fixeron un parón na súa labor diaria para felicitarvos as festas dunha maneira especial. Levaron tempo ensaiando para este día e así nos despedimos ata á volta das vacacións. BO NADAL!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario