Páxinas

venres, 15 de decembro de 2017

APRENDEMOS MOTIVADOS USANDO OS iPADs

Na aula de 3 anos estamos aprendendo moitas cousas novas pero non hai nada que máis lles motive que traballar cos iPads xa que é unha aprendizaxe lúdica.



1º)  Con eles aprendemos nocións espaciais (arriba-abaixo, dentro-fóra, diante-detrás,...), números, letras, formas xeométricas, nocións temporais (antes-despois), etc.




2º) Foméntase o cooperativismo e o traballo en pequeno grupo. Aprenden a respetar o turno, a disfrutar xunto co compañeiro.












3º) Sobre todo saben que deben estar no seu sitio e non berrar, para manter un ambiente relaxado e que todos podamos falar tranquilamente co compañeiro. Hai moitas apps educativas coas que traballamos e que fomentan que desenvolvan destrezas e que aprendan a pensar.







Ningún comentario:

Publicar un comentario