Fixemos un xogo de orientación,
con motivo do traballo dos planos e rúas en Ciencias Socias. O alumnado en
diferentes grupos estivo na procura das pistas escondidas no ximnasio.
Velaquí unhas imaxes d@s nos@s
aventureir@s.
Nos temas 5, 6 e 7 de Ciencias
Naturais, aprendemos a importancia do coidado e respeto dos animais e plantas.
Unha das actividades que máis lles gustou aos cativos foi fotografar diferentes
seres vivos. Para iso, estivemos no patio do colexio buscando animais e
plantas. Estas últimas debían diferenciarse cos carteis de árbores, arbustos ou
herbas.
Para difernciar os distintos
medios de transporte o alumnado realizou unha actividade que simulaba a viaxe
en avión, submarino, canoa, tren, autobús… Cada unha delas ía acompañado de
preguntas como: que tipo de transporte é? como podemos aforrar máis enerxía? cal é a maneira de contaminar menos? alguén viaxou en…?
Ningún comentario:
Publicar un comentario