Xa podedes descargar e imprimir o CALENDARIO ESCOLAR para este curso escolar 2024-25.
Páxinas
xoves, 26 de setembro de 2024
mércores, 25 de setembro de 2024
SAÍDA ESCOLAR: BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO (4 e 5 anos. 1º, 2º e 3º EP)
Hoxe nin o tempo nin a chuvia ían apagar a nosa ilusión porque iamos de excursión a Pontevedra, concretamente ó Pazo da Cultura para disfrutar da Banda de música de Salcedo. Así que, ben abrigadiños cos nosos chubasqueiros, subimos ó autobús coas nosas parellas.
Nada máis chegar, baixamos do bus e entramos no pazo.
Tivemos un sitio xenial para ver e disfrutar do que ía pasar no escenario.
Tamén nos deron un folleto por se queremos aprender a tocar un instrumento na súa escola e pertencer á banda.
MÁIS FOTOS PINCHANDO NESTE ENLACE
luns, 23 de setembro de 2024
SAÍDA ESCOLAR A FICBUEU (CURTAMETRAXES)
Tivemos a sorte de acudir a FICBUEU!!! O alumnado de 5ºEI, 6ºEI e os de 1º,2º,3º,4º EP estaba moi emocionado por facer a saída xa nada máis comezar o curso e máis cando está relacionada co proxecto que estamos a traballar.
Dividíronnos en 2 grupos: infantil e primaria. En ambos casos proxectáronnos varias curtametraxes que NOS ENCANTARON!! Cunhas rimos e, con outras, nos emocionamos.
Pasámolo xenial!!! Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.
SAÍDA Ó CLUB DE TENIS DE A CAEIRA
O martes 17 e o xoves 19 de setembro, o alumnado de 3° e 4° de Primaria acudiu ao Clube de Tenis de Pontevedra a presenciar o "Torneo Pontevedra Internacional Junior U14". Alí, ademáis de ver partidos de tenis, practicaron un pouco de tenis en terra batida e pádel.
Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.
VISITA DO POIO PESCAMAR - FÚTBOL SALA FEMININI (1º,2º,5º,6º EP)
O luns, 16 de setembro, as xogadoras do Poio Pescamar FS achegárone ao colexio a dar a coñecer o fútbol sala.
PINCHAR ESTE ENLACE AO ALBUM.