Páxinas

martes, 18 de xuño de 2024

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR - 4° EP

  Cada globo representa a nosa autoestima, o noso benestar psicolóxico e a nosa saúde mental. Podemos coidar a nosa e avanzar sen fixarnos das dos demais pero se todos coidamos conxuntamente de todas e temos coidado de non estragar ningunha a vida énchese de cores e felicidade.



EXCURSION FIN DE CURSO DE PRIMARIA: CAMPING PAISAXE II

 O martes, 11 de xuño, tivemos a excursión de fin de curso de primaria ó Camping Paisaxe II en O Grove. Puidemos disfrutar dun día de praia e pisciña ademáis de xogos moi divertidos. 





Estas e outras fotos podédeslas ver e descargar PINCHANDO NESTE ENLACE

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE INFANTIL: GRANXA ESCOLA KIRIKO

   O venres, 7 de xuño, foi o mellor día!!! O día que estabamos agardando e disfrutamos da excursión de fin de curso na Granxa-Escola Kiriko. Nada máis chegar, sentámonos no cenador exterior. Alí explicáronnos as cousas máis importantes que debiamos saber sobre os animais e o coidado do bosque.


Despois puxemos rumbo ó bosque, adentrándonos entre as árbores. Descubrimos moios obxetos divertidos. Fixemos un alto no camiño, sentámonos nun claro porque nos contaron un conto. 





Despois baixamos polo camiño cara outro bosque e, por alí, atopamos uns burros moi agarimosos. E andando, andando...había un cabalo e unha iegua, cabras, porcos, galos, galiñas, coellos, pavos, pavos reais, cans,...











Entramos nun establo onde había unha vaca "moi mansa". Con ela puidemos aprender a ordeñala e, cada un, foi ordeñando (aínda que saía auga).



Tras toda a aventura, na que tamén paramos para refrescarnos con auga e beber un pouco porque facía moita calor, chegou o momento de ir ó comedor e de comer todo o rico que nos mandaran!!!




Cando rematamos, marchamos ó parque xogar un pouquiño.



Despois do tempo de lecer tocou...FACER GALLETAS!!!!




Despois tivemos un tempo para lecer e merendar mentres as galletas se facían no forno, recollimos todo e puxemos rumbo as nosas casas!!! Tiñamos moito que contar na casa!

Pero hai moitas MÁIS FOTOS da xornada que podedes atopar nos seguintes enlaces: