Páxinas
venres, 16 de decembro de 2022
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
domingo, 13 de novembro de 2022
Saída a Naturnova
Visita a Naturnova:
Os rapaces de primeiro e segundo fomos a Naturnova a sorprendernos e aprender nas salas interactivas que ten o museo.
Coñecemos o noso entorno e curiosodades da natureza con distintos paneis interactivos.
Vimos unha exposición de arte. Coñecemos distintas formas de arte e creamos unha obra colectiva con axuda dun pequeno robot.
luns, 4 de abril de 2022
A MULLER A PROTAGONISTA!! Día da muller.
No mes de marzo, con motivo da conmemoración do día da muller, o 8 de marzo, na escola leváronse a cabo unha serie de tarefas de investigación en torno a mulleres cociñeiras da nosa contorna e do noso país.
En cada aula se investigou en torno a unha destas mulleres e se reflexaron os descubrimentos en carteis e murais que agora están colocados nunha das zonas de paso do alumnado.
En Infantil 4 anos sobre MARTA SANTIAGO
En Infantil 5 anos sobre BEATRIZ SOTELO
En 1º de EP sobre LUCÍA FREITAS
En 2º de EP sobre AMELIA GONZÁLEZ DÍAZ
En 3º de EP sobre ÁNGELES VICENTE
En 4ºA de EP sobre ELENA SANTONJA
Ademáis unha compañeira da aula relatou na radio a biografía desta muller.
Premede AQUÍ para escoitala.
En 4º B de EP sobre ELENA ARZAK
En 5º de EP sobre SAMANTA VALLEJO NÁJERA
Na súa aula presentan este video co seu traballo.
En 6º de EP sobre CARMEN RUSCALLEDA
luns, 28 de febreiro de 2022
Entroido 22
Deixamos aquí un pequeno percorrido polas diferentes actividades feitas no cole nestas datas.
domingo, 13 de febreiro de 2022
PLANTANDO ÁRBOLES CON PINCELES
O PASADO VENRES 4 DE FEBREIRO LEVOUSE A CABO UNHA ACTIVIDADE NO NOSO COLE BAIXO O TÍTULO "PLANTANDO ÁRBOLES CON PINCELES".
TRÁTASE DUN PROXECTO POLA SOSTIBILIDADE UTILIZANDO PINTURAS FOTOCATALÍTICAS ANTICONTAMINACIÓN QUE ABSORBEN O CO2 DO AMBIENTE.
POR UN LADO, O ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA PARTICIPOU NUN TALLER DE PINTADO DE BOLSAS DE TEA.
POR OUTRO LADO, O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DUN MURAL ARTÍSTICO, COLABORATIVO E ECOLÓXICO.
ESCALADA
DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS O ALUMNADO DE 1º A 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NUNHA SAÍDA DE ESCALADA NO ROCÓDROMO DA XUNQUEIRA.
ESTA ACTIVIDADE PERTENCE AO LABORATORIO DA INFANCIA ORGANIZADO POLO CONCELLO DE PONTEVEDRA E LEVADO A CABO POR MAREXADA.
NO SEGUINTE VÍDEO PODEREDES VER UN PEQUENO RESUMO NO QUE QUEDA BEN PATENTE TODO O ALTO QUE PODEN CHEGAR AS NENAS E NENOS DO NOSO COLE.
domingo, 30 de xaneiro de 2022
FELIZ DÍA DA PAZ!!!
Desde o equipo de Biblioteca, e tendo en conta que o noso proxecto anual trata sobre ALIMENTACIÓN fíxose a proposta de investigar sobre algunhas das asociacións e grupos de persoas que axudan aos máis desfavorecidos, cos comedores sociais, coa doación de alimentos... e que fan a súa labor na cidade de Pontevedra.
Cada aula investigou sobre unha de elas e plasmou o descuberto en carteis e murais na entrada ao colexio.
Estas son as asociacións e os traballos.
MENIÑOS
CRUZ VERMELLA
COMEDOR SAN FRANCISCO
CALOR E CAFÉ
BANCO DE ALIMENTOS
Ademáis, baixo o lema "SÓ SEN FAME HABERÁ PAZ, ALIMENTA A PAZ", fixemos unha recollida de alimentos para donar a algunhas destas asociacións.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!
O alumnado de 4º de primaria investigou sobre a asociación "Calor e café" e podedes ver o seu traballo no seguinte video.