Páxinas

domingo, 31 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ


 

No cole esta semana estivemos participando nalgunhas actividades e propostas que xiraban en torno á Paz.

 

Ademáis dos traballos de aula (cancións, poemas, textos, contos, curtas, confección de murais), colaboramos nunha proposta da Biblioteca de centro, que consistiu en crer un mural conxunto coa figura dunha pomba, que cubrimos con material de refugallo traído da casa. Calquera cousa que fose para tirar ó lixo valía: trozos de tea, prástico, envases e bricks, papel e cartón, envoltorios, tapóns...

 

No seguinte video podedes ver como quedou o noso mural e os distintos traballos que  se levaron a cabo nas aulas.








 Ademáis, pedimos ás familias que fixeran as súas recomendacións de películas e libros con temática e valores relacionados coa Paz: respecto, tolerancia, solidariedade, colaboración e axuda, resolución pacífica de confictos....

 


 

 

Fixemos unha recompilación de todas elas e podedes velas premendo en cada unha das seguintes imaxes.

Grazas familias!!


 RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

 

 

RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS


 

 

 



mércores, 13 de xaneiro de 2021

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR A CARGO DE PONTE NAS ONDAS

 

 

 Este martes o alumnado de 4º e 5º participou nun obradoiro de RADIO ESCOLAR, impartido por dous membros de Ponte nas Ondas.


O obradoiro dividiuse en tres partes:

Unha parte sobre coñecementos de edición e son, traballando co programa AUDACITY, na sala de ordenadores. Impartida por Xerardo.






Unha segunda parte sobre entonación e oralidade, impartida en cada aula, por Damián.



E por último, xa todos xuntos no ximnasio e gardando as distancias e medidas de seguridade necesarias, realizouse un programa completo que consistiu en redactar diferentes tipos de novas así como tamén un rap, chistes e publicidade. Todo isto fíxose por parellas e foi feito sobre a marcha, o que ten máis mérito todavía por decidir no momento sobre que escribir e poñerse mans á obra!




Desfrutamos e aprendimos todos un montón!! 

 

O máis emocionante foi sentarnos diante do micro e contar as nosas novas.




 

 

En rufiteca poderedes escoitar próximamente o programa que levamos a cabo. Nós tamén andamos a practicar co Audacity para poder montar o resultado desta xenial actividade!!


Grazas a Damián e Xerardo, de Ponte nas Ondas, por transmitirnos tantas cousas interesantes e facelo con tanto entusiasmo!!