Páxinas

xoves, 21 de marzo de 2019

VISITA DUN LEPRECHAUN POR SAINT PATRICK

O venres, 15 de marzo, visitounos no colexio un auténtico LEPRECHAUN recén chegado de Irlanda. 







Veu falarnos da súa orixe, da súa bandeira e da celebración de Saint Patrick. Aprendimos a importancia da bandera e a non confundila coa da India que as cores son ó revés!!

CORES DE ESQUERDA A DEREITA: 

En Irlanda -- verde, branco, laranxa

Na India -- laranxa, branco, verde




Este Leprechaun (ou Duendecillo irlandés) sabía tocar moi ben a guitarra e o flautín, co que cantamos unha canción en inglés e, cada vez, o facíamos máis rápido que se nos trababa a lingua!!!







Despois estivemos xogando todos xuntos cun globo XIGANTE e o xogo se complicaba a medida que subiamos de curso.




Foi un obradoiro MOI VERDE E MOI DIVERTIDO. Para ver máis fotos, pinchar na foto de enriba!!

luns, 18 de marzo de 2019

HORTA ESCOLAR (2º PRIMARIA)

O alumnado de 2º de primaria levou a cabo un obradoiro de creación do seu propio HORTO ESCOLAR. Todos participaron dunha xornada onde sacharon a terra facendo regos, plantaron leitugas, cebolas,...e despois regaron. 






E, durante todo o curso, deberán coidalo, regándoo, quitando as herbas malas,...e agardar a que medren para poder levar a casa os resultados da súa labor agrícola.

Para ver máis fotos, podedes PINCHAR na foto de abaixo.



domingo, 10 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE VERBATECA (Infantil 4 e 5 anos)

Hoxe o alumnado de 4 e 5 anos disfrutaron dun obradoiro organizado polo Concello: VERBATECA.



Neste obradoiro houbo diferentes xogos nos que traballaron aspectos como:

- A memoria
- A observación
- A expresión oral e corporal
- A coordinación
- O achegamento ó vocabulario de diferentes temáticas
- O traballo en equipo
- A identidade cultural e lingüística




Tamén traballaron palabras galegas relacionadas con animais, partes do corpo, profesións, obxetos e natureza.

A medida que conseguían rematar positivamente cada proba, conseguían palabras en galego que formarán o seu tesouro e, desa maneira, ían completando a súa propia verbateca galega.

Para ver máis fotos, pinchade na imaxe inferior.




VALENTINE´S DAY


Happy Valentine’s Day! 


We did an activity for the kids that included finding your other half in class. After we found our piece of broken heart we created a hug, with love and respect. I hope you like the pictures and feel the love that I did!! 




To see more photos, click here!!!