Páxinas

xoves, 25 de maio de 2017

MATRÍCULA e PERÍODO DE PREADAPTACIÓN do novo alumnado de infantil


Lembrade que o PERÍODO DE MATRÍCULA para todo o novo alumnado é do 20 ó 30 de xuño. Tedes toda a información na nosa web no apartado MATRÍCULA ou a través do seguinte enlace (pinchade na imaxe de abaixo):

Asemade, levaremos a cabo un pequeno PERÍODO DE PREADAPTACIÓN co novo alumnado de infantil así como unha reunión coa nai e/ou pai do alumnado. Tedes máis información na web ou pinchando na imaxe:




mércores, 17 de maio de 2017

Excursión de Primaria

Hoxe o alumnado de Primaria disfrutou dun día inigualable na Illa de San Simón. Unha excursión de Fin de Curso con moitas actividades e unha travesía en barco. Foi un día intenso pero pasaron unha xornada divertida e alegre cos compañeiros do colexio. Se queredes ver as fotos, pinchade na foto de abaixo:



Despois de todas as actividades que tivemos durante todo o día na illa, gañámonos unha sesión de discoteca no barco. Que ben o pasaron!!!  Queredes velo? Pinchade abaixo no enlace:




domingo, 7 de maio de 2017

TROTACONTOS 2017

     Outro curso máis reunímonos varios colexios e escolas públicas de Pontevedra para realizar o conto viaxeiro ou, como xa o coñecemos, o Trotacontos. Os participantes foron, por unha banda, o alumnado de infantil e ,pola outra, o alumnado de 1º e 2º de primaria de:

1.- EEI Fina Casalderrey
2.- EEI de Verducido
3.- EEI Concepción Crespo Rivas
4.- CEP de Campolongo
5.- CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez
6.- CEIP San Andrés de Xeve
7.- CEIP de Parada-Campañó

     O tema elexido este ano foi "PETISCOS DE AGARIMO". Este curso traballamos en infantil e primaria arredor da mesma temática e os resultados están na publicación dos 2 exemplares de Trotacontos (para infantil e primaria) que cada neno/a participante levou o seu propio exemplar para casa. Nos centros tamén quedaron exemplares e, para os que non os poidan ver, deixámosvolo en formato dixital.

TROTACONTOS INFANTIL



TROTACONTOS PRIMARIA



     Asemade, ós colexios viñeron Quique e Carlos, os rapaces de Polo Correo do Vento para presentar este traballo xa rematado e tamén disfrutamos moito dunha sesión de contacontos na que a historia baseouse en "Petiscos de Agarimo" coa pita Agapita e o galo Manolo. Para poder ver máis fotos, pinchades na foto.


 
      Tamén compartimos con todos vos un pequeño resumo, en forma de vídeo, do proceso de elaboración desde proxecto que agardamos que vos guste:





      Foi unha experiencia marabillosa que agardamos repetir o curso que ven.

     Queremos agradecer enormemente a Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pola súa implicación e colaboración neste proxecto ano tras ano e a Polo Correo do Vento por cedernos as súas imáxenes das personaxes que formaron parte das portadas e contraportadas dos exemplares.